Froitas de Outono
- CEIP O CASTIÑEIRO Laza
- 28 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Aproveitando o inicio do Outono, abordamos as froitas típicas desta época. Durante o diálogo e a investigación destas froitas descubrimos que había moitos nenos e nenas que nunca probaran determinados produtos.
Desta forma, compráronse diferentes froitos de Outono e fíxose un taller de degustación onde os nenos e nenas poideron experimentar e saborear distintos tipos.
Así mesmo tamén creamos para os nenos e nenas de infantil un taller sensorial e de experimentación con este tipo de froitas.
Comentarios