GUÍA DE AXUDA PARA PROGRAMAR OS MENÚS ESCOLARES
- CEIP O CASTIÑEIRO Laza
- 31 may 2022
- 1 Min. de lectura
Como resumo, a estrutura básica dun menú escolar debe estar formada por:
Un primeiro prato no que se alternen verduras, legumes, arroz ou pasta. Débese potenciar o consumo de potaxes preparadas con legumes, hortalizas e/ou verduras combinadas con arroz, patacas e/ou pasta e ofrecelos tamén no segundo prato.
Un segundo prato que se basee en carne magra, peixe ou ovos (acompañado con gornición de verduras, arroz, pataca ou pasta) ou unha potaxe de legumes con verduras e arroz, pasta ou patacas. Débese potenciar o consumo de peixe, cuxa graxa proporciona efectos moi beneficiosos para a saúde do escolar.
Unha sobremesa que ofreza sobre todo froita fresca e, con menor frecuencia, derivados lácteos como queixo ou iogur. Pódense ofrecer tamén combinados de froitas e derivados lácteos como iogur (por exemplo, amorodos con iogur ou zume de laranxa ou limón, batido natural de froitas con leite, etc). Aconsellamos minimizar o uso doutros derivados lácteos como nata ou manteiga. Unha vez ao mes poden permitirse outras sobremesas como o flan, as cremas ou os doces de carnaval.
As racións de pan e auga deben estar sempre presentes no menú do comedor escolar.
Non é recomendable acompañar os menús dun vaso de leite.
Recomendamos como aceite de elección o de oliva, aínda que o aceite “alto oleico” é tamén unha boa opción. Se usamos os de sementes ou de xirasol, non é recomendable sometelo a altas temperaturas de fritura.
Commentaires