MENÚS ESCOLARES SAUDABLES CEIP O CASTIÑEIRO 2021-2022
- CEIP O CASTIÑEIRO Laza
- 31 may 2022
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 29 jun 2022
Participamos este curso escolar no Proxecta+ “Aliméntate ben” co que quixemos promover hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando produtos de calidade que garantan unha correcta alimentación e desenvolvemento.
As modalidades do programa fan que o alumno sexa protagonista da súa aprendizaxe en colaboración cos seus compañeiros. Os proxectos que leven a cabo os centros deben implicar aos axentes da comunidade educativa (profesorado, alumnado, familias, institucións...) e crear unha rede cooperativa
entre todos que mellore a forma de ensinar e aprender.
Introducimos no menú escolar a distribución de froitas e lacteos ao alumnado do centro educativo dos niveis educativos de educación infantil, primaria e establecer hábitos de alimentación saudable entre o alumnado.











Comments