top of page

Montamos o Composteiro

  • Foto del escritor: CEIP O CASTIÑEIRO Laza
    CEIP O CASTIÑEIRO Laza
  • 17 mar 2023
  • 1 Min. de lectura

Un composteiro é un recipiente ou depósito coas características adecuadas para realizar a práctica do compostaxe, é dicir, a transformación dos residuos orgánicos en compost a nivel doméstico.

Xa que no centro, xeramos bastante cantidade de residuos (tanto polos alimentos que traen o alumnado como o que se xera no comedor) decidimos montar un composteiro e situalo no centro.

En primer lugar os alumnos/as de 4º,5º e 6º encargaronse de investigar que era un composteiro e como debiamos comezar con esta práctica. Seguidamente presentaronlle esta investigación ao resto do alumnado do centro.

Unha vez informados do proceso, o centro comprou un composteiro e puxémonos mans a obra. Durante o resto do curso escolar estivemos levando os residuos ata este recipente, botamos as follas do noso patio e as miñocas que os nenos e nenas encontraban tamén as levaban para axudar neste proceso.





Comments


bottom of page