OBRADOIRO "TI SÍ QUE ES UN BO PEIXE!"
- CEIP O CASTIÑEIRO Laza
- 16 mar 2023
- 1 Min. de lectura
O pasado 14 de marzo realizamos o obradoito da empresa Marexada. Deporte, Lecer e Cultura S.L. licitadora do programa “Ti si que es un bopeixe”.

O desenvolvemento do obradoiro foi o seguinte:
- Presentación das personaxes, monitores, PeiX -o asistente virtual- e das 9 especies coas que traballamos, entre as que temos peixes e mariscos salvaxes e de acuicultura e un tipo de alga.
- Seguidamente, presentaronnos o karaoke, no que adaptado a cada rango de idade, tivemos un ritmo e imaxes axustadas para o alumnado.
O monitorado amenizou o visionado do vídeo de karaoke cunha coreografía axustada
tamén ao rango de idade para que a poda realizar o alumnado.

- Antes de rematar tivemos tempo de realizar unha pequena actividade para fixar os
coñecementos adquiridos, estando esta adecuada aos diferentes rangos de idade.
E como final do obradoiro, fixéronnos a entrega do material didáctico para o profesorado e de agasallo para o alumnado.
Comments