PROXECTO "TI SI QUE ES UN BO PEIXE" - ALIMENTATE BEN 2022-2023
- CEIP O CASTIÑEIRO Laza
- 15 mar 2023
- 1 Min. de lectura
https://tisiqueesunbopeixe.xunta.gal/gl

É un programa creado pola Consellería do Mar co dobre obxetivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos frescos do mar de Galicia entre as nenas e nenos das nosa comunidade e de incidir e equilibrar a suas dietas alimentarias.
Os destinatarios son os escolares de Educación Infantil, Educación Primaria.
O programa ten dúas liñas de acción:
Por unha banda un obradoiro que vai percorrendo centros da nosa comunidade con diferentes actividades que dan a coñecer os aspectos saudables do consumo de produtos do mar.
E por outro lado, excursións a distintas localizacións mariñeiras onde coñecen de primeira man este marabilloso mundo do mar e poden degustar algúns de ditos produtos.
Os nosos protagonistas descobren a través de experimentos, probas de comidas e relacións coa xente do mundo do mar e os seus produtos, múltiples vantaxes do consumo equilibrado destes. Céntranse sobre todo en 9 especies diversas do mundo mariño que grazas as súas propiedades nutritivas teñen un gran efecto positivo no nosos organismo.
Grazas a historia destes personaxes, das 9 especies tratadas, e das actividades que se levan a cabo, o programa “Ti si que es un bo peixe” é unha ferramenta de achega informativa de gran importancia para o sector educativo e para as familias que o constitúen.
Comments