Como segundo paso para por en marcha o noso horto, esta mañá visitamos o viveiro @ecoagrocastrelo onde pudemos ver polo miúdo como é o proceso de sementar os cultivos para logo poder plantalos. Ensináronnos todo o que alí teñen, como funciona e en que consiste o proceso de sementado e posterior coidado da planta dende que comeza a medrar, e mesmo puidemos trasplantar as nosas primeiras fresas! Foi unha visita xenial.
Ademais, aproveitamos a ocasión para mercar os primeiros exemplares para o noso horto, e algunha outra cousa máis que precisabamos para facelo.
Comentarios