top of page

A mobilidade sostible chegou ao noso centro, "Camiña/en bici á escola"

2 jul
2 min de lectura

No noso centro continuamos apostando por iniciativas que promoven hábitos de vida saudables, a actividade física e a mobilidade sostible. Durante este curso, o alumnado tivo a oportunidade de vir ao colexio en bicicleta de maneira autónoma e responsable, convertendo este medio de transporte nunha opción habitual para moitos nenos e nenas.



Para facilitar esta iniciativa, adquirimos soportes para bicicletas que foron montados polo propio alumnado, fomentando a súa participación activa, o traballo cooperativo e o coidado dos recursos comúns.

Cada día, de forma libre e voluntaria, son numerosos os alumnos e alumnas que escollen a bicicleta para desprazarse ata o centro, contribuíndo a reducir a contaminación, mellorar a súa saúde e adquirir hábitos de mobilidade responsables.

Co obxectivo de que os máis pequenos tamén poidan iniciarse nesta práctica, incorporamos bicicletas sen pedais e patíns, favorecendo o desenvolvemento do equilibrio, da coordinación e das habilidades motrices desde as primeiras idades.



Ao longo do curso realizáronse diferentes circuítos e actividades prácticas co alumnado para mellorar a súa destreza, aprender normas básicas de seguridade viaria e gañar confianza nos seus desprazamentos.

Ademais, todos os xoves desenvolveuse unha actividade extraescolar de patinetes, na que os nenos e nenas puideron perfeccionar a súa técnica, traballar o equilibrio, a coordinación e a educación viaria nun ambiente lúdico e participativo.


Melloramos a entrada do centro e colocamos as 3 bicis estáticas para que o alumnado siga facendo actividade uha vez que chega o centro e nos recreos.

Con todas estas actuacións, o noso centro reafirma o seu compromiso coa educación para a saúde, o respecto polo medio ambiente e a promoción dunha mobilidade máis sostible, activa e segura para todo o alumnado.

 
 
 

Comentarios


bottom of page