top of page

ACEBER

O centro contratou o servizo de ACEBER para traballar co alumnado os seguinte aspectos:

  • Propicipar un clima de aula e entro que favoreza o proceso de ensinanza-aprendizaxe.

  • Promover a igualdade, a convivencia e a inclusión.

  • Desenvolver as competencias emocionais.

  • Eliminar desigualdades e romper coa transmisión de estereotipos.

  • Resaltar os talentos de cada persoa e potenciar o seu valor fomentando o traballo cooperativo.

As actividades que se levaron a cabo foron:


Día 1: Concentración

A través desta actividade traballouse a concentración, a atención, a respiración e a relaxación.


Día 2: Teño un volcán

Leron o conto "Teño un volcán" e elaboraron un volcán por grupos cooperativos co fin de traballar e potenciar as habilidades de cada persoa, a frustración e o traballo en equipo.


Día 3: Quen é?

A través de distintas imaxes traballaronse aspectos tales como os estereotipos, a igualdade, a diversidade e o respecto a diferenzas.


Día 4: Representación.

Para traballar o autocoñecemento, as relacións persoais e as habilidades sociais representáronse distintas situacións cotidianas que poden xerar conflicto.


Día 5: Xincana.

Realizaron unha xincana onde o alumnado debía atopar as pezas dun crebacabezas para finalmente ler unha historia que invitaba os nenos e nenas a reflexionar sobre os distintos aspectos traballados nas sesións previas.



bottom of page