top of page

PATIOS DINÁMICOS INCLUSIVOS

  • Foto del escritor: CEIP O CASTIÑEIRO Laza
    CEIP O CASTIÑEIRO Laza
  • 21 jun 2023
  • 1 Min. de lectura

Durante este curso escolar puxemos en marcha a iniciativa, dentro do programa INCLÚE+, de convidar as nosas familias a dinamizar os patios de forma que todos os nenos e nenas xogaran xuntos de forma inclusiva, deixando de lado as súas diferenzas, rompendo barreiras entre adultos e infantes e pondo en valor a cooperación e o traballo en equipo.


As actividades foron moi variadas, dende talleres de instrumentos artesanais realizados con materiais reciclados, xogos cooperativos que implica o traballo das emocións, actividades educativas sobre a vida e a importancia das abellas e xogos dinámicos moi atractivos e divertidos.Foi unha experiencia moi enriquecedora tanto para os nenos/as, as familias como os docentes.




Comments


bottom of page