top of page

De volta á auga, e de volta á vida activa! 🌊

  • 2 jul
  • 1 min de lectura

O Naturwaterpark de Vila Real volveu ser o noso escenario de fin de curso, e a diversión foi exactamente a mesma: enorme.

🛝 Tobogáns a toda velocidade🏊‍♀️ Piscinas, chorros e risas🏃‍♂️ Os máis peques, imparables

Esta saída enmárcase no noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD), coa que traballamos ao longo do curso para fomentar hábitos de vida activa e saudable no noso alumnado. Escollemos o Naturwaterpark porque conta cun programa escolar específico adaptado a diferentes idades, pensado para que a actividade física se viva de forma segura e supervisada: o recinto dispón de acceso para persoas con discapacidade e posto de primeiros socorros, garantindo así unhas condicións axeitadas para toda a comunidade escolar.



Actividades coma esta —natación, movemento continuo nos tobogáns, xogo en grupo— reforzan os obxectivos do PVAD: combater o sedentarismo, mellorar as capacidades físicas básicas e ensinar ao alumnado a gozar do exercicio como parte da súa rutina, tamén fóra do horario lectivo.

Porque cada alumno e alumna merece o seu día grande, e cada día de actividade física suma. 💪

E vaia día que tiveron!

GRAZAS por facer deste curso algo especial 💙

13 de xuño

 
 
 

Comentarios


bottom of page