top of page

FORMACIÓN: XORNADAS MONOGRÁFICAS. O CENTRO COMO PROMOTOR DE ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE

Actualizado: 23 may 2022

Coñecemos como deseñar, executar e avaliar os proxectos de vida activa e deportiva da man da Fundación Deporte Galego









A Fundación Deporte Galego, en colaboración co Centro de Formación do Profesorado (CAFI) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, imparte no día de hoxe no edificio da Escola Galega de Administración Pública as II Xornadas Monográficas O Centro Educativo como promotor de actividade física e saúde ‘Os proxectos de vida activa e deportiva (PVAD)’. En total, 65 os profesores de educación primaria e secundaria de centros públicos e concertados de Galicia os que participamos desta actividade cun formato de formación mixto -presencial e con tarefas a través dunha aula virtual-. As xornadas buscan formar aos profesores no deseño, execución e avaliación de Proxectos de Vida Activa e Deportiva, asi como fomentar as redes de traballo colaborativo entre centros educativos galegos e o compartir experiencias de éxito na nosa comunidade. O Proxecto de Vida Activa e Deportiva é un Proxecto de Centro, integrado no Proxecto Educativo que busca incrementar a carga diaria de actividade física que realiza o alumnado, tanto dentro como fóra da xornada educativa. O PVAD busca loitar contra a inactividade fisica, sedentarismo, sobrepeso, obesidade e incremento de enfermidades crónicas non transmisibles presentes nos escolares a día de hoxe. O PVAD inclúe tamén a medición do impacto que ten este incremento da carga de actividade física realizada na saúde dos escolares, así como a formación e asesoramento ao alumnado de como incrementar e mellorar o seu nivel de actividade física, e o fomento de hábitos de vida activa e saudable. Un dos puntos centrais da xornada será a plataforma Dafis (Datos de Actividade Física Saudable) que recolle os datos de condición física saudable dos escolares galegos entre 6 e 16 anos, incluíndo datos de IMC, perímetros de cintura e cadeira. A ferramenta liderada pola pola Fundación Deporte Galego é un exemplo de coordinación entre diversas entidades co obxectivo común da mellora da saúde dos escolares galegos a través de práctica regular da actividade física. Dafis vén de ser galardoada co premio á mellor comunicación oral na área de actividade física e saúde no XI Congreso Internacional da Asociación Española de Ciencias do Deporte. A plataforma xa foi galardoada co segundo accésit dos Premios Naos 2019 na categoría de promoción da práctica da actividade física no ámbito escolar, así como co recoñecemento da oficina europea da Organización Mundial da Saúde como exemplo de boas prácticas para a promoción da actividade física no ámbito escolar, en 2018.













Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page