Institución:
Presidencia da Xunta de Galicia
Secretaría Xeral para o Deporte
Fundación Deporte Galego
Ámbito: hábitos saudables / inclusión / mobilidade Definición:
O programa consiste en deseñar, executar e avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable, buscando o incremento diario de actividade física que realizan o alumnado, tanto dentro como fora do centro, e a medición do impacto que ten este incremento da carga de actividade física realizada na saúde dos escolares.
Os centros participantes promoverán a elaboración dun traballo en equipo no que OBRIGATORIAMENTE terán que:
Identificar todas as actuacións que se leven a cabo no centro educativo, xa sexa dentro como fora do centro e dentro ou fora do horario lectivo que fomenten a actividade física e os hábitos de vida saudable.
Dinamizar e promover hábitos de vida activa e saudable, rendibilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia (públicos e privados).
Recoller a analizar os datos de consumos de actividade física, tanto ao inicio do proxecto como ao finalizar o mesmo, para evidenciar os posibles cambios conseguidos.
Ademais, con carácter opcional, poderán:
Avaliar a condición física saudable a través da Plataforma DAFIS, para traballar na mellora da mesma a través do incremento da carga de actividade física realizada.
Analizar e comparar os consumos de actividade física do alumnado coa nota media académica.
Vinculación cos ODS da Axenda 2030
ODS 3. Saúde e benestar
ODS 4. Educación de calidade
ODS 5. Igualdade de xénero
ODS 10. Redución das desigualdades
ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
Temporización: curso completo
Modalidades:
Para o desenvolvemento dos PVAD, os centros teñen dúas posibilidades:
Deseñar, executar e avaliar o seu PVAD de forma autónoma, con ferramentas propias.
Deseñar, executar, avaliar o seu PVDA apoiándose nas diferentes modalidades que ofrece o programa, a maiores doutras actividades propias:
As modalidades non son excluíntes, xa que todas son ferramentas que axudan ao incremento da carga de actividade física que realiza o alumnado.
Plataforma de valoración da condición física saudable DAFIS.
Mais e Mellor Actividade Física.
Movete+
XOGADE
Milla diaria.
Camiña/ en bici a escola.
Alumnado ao que vai dirixido:
Proxectos de Vida Activa e Deportiva - PVAD (realizado sen escoller ningunha das ferramentas a disposición dos centros): infantil, primaria, secundaria, bacharelato, FP, ensinanzas especiais, de adultos e educación especial
En función das submodalides escollidas:
DAFIS: primaria, ESO e bacharelato e educación especial
Máis e Mellor Actividade Física (MMAF): primaria, secundaria e educación especial
Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar (XOGADE): primaria, ESO e educación especial
Móvete+: infantil, primaria, secundaria, bacharelato, FP, ensinanzas especiais, adultos e educación especial
Camiña/en bici á escola: infantil, primaria, secundaria, bacharelato, FP, ensinanzas especiais, adultos e educación especial
Milla diaria: infantil, primaria, secundaria, bacharelato, FP, ensinanzas especiais, adultos e educación especial
Límite de centros participantes: non hai límite, excepto para a modalidade DAFIS (60 centros).
Criterios de selección:
Calidade do proxecto presentado
Para a modalidade de DAFIS, terase en conta a participación en cursos anteriores.
Criterios de exclusión:
Non presentar a memoria do curso anterior.
Na modalidade de DAFIS, recibir o material e non cargar os resultados na plataforma de valoración.
Responsables do programa:
Nome: Miguel Rodríguez del Corral Departamento: Fundación Deporte Galego Teléfono: 881996376 Correo electrónico: miguel.rodriguez.corral@xunta.gal
Nome: Iván Clavel San Emeterio Departamento: Fundación Deporte Galego Teléfono: 881996373 Correo electrónico: ivan.clavel.sanemeterio@xunta.gal
Xustificación
O programa pretende axudar os centros docentes a elaborar o seu Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fora do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado.
O programa "Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD)" desenvolve os contidos aplicables ao ámbito educativo que conteñen os seguintes textos legais:
Plan Galego para o fomento da Actividade Física Galicia Saudable.
Plan integral para a actividade física e o deporte en idade escolar/ O centro escolar promotor da actividade física e o deporte / O proxecto Deportivo de Centro.
Obxectivos
Loitar contra a inactividade física e o sedentarismo, creando hábitos que perduren fora do centro escolar e ao longo de toda a vida, dende a infancia ata a vellez.
Actuar (o centro) dinamizador e promotor de hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia (públicos e privados).
Fomentar que o 100% das alumnas e alumnos reciban información e asesoramento de como incorporar no seu día a día, tanto no horario lectivo coma non lectivo, actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de vida saudable,
Incrementar na súa estadía no centro a práctica de actividade física de calidade.
Integrar a filosofía do programa dentro do centro educativo (claustro, consello escolar, comunidade educativa, programa educativo, plan anual).
Estruturar e ordenar todas as posibilidades ao alcance do centro educativo para fomentar na comunidade educativa a necesidade de levar unha vida activa, elaborando mapas de recursos existentes ao alcance da comunidade educativa.
Valorar a condición física para a saúde do alumnado como método de avaliación e seguimento das accións propostas dentro do programa, tanto neste curso escolar coma nos vindeiros anos.
Dar a coñecer á comunidade educativa, a través dun blog, web do centro etc. de todas as accións que se realizan no marco da participación neste programa e como medio dinamizador dos obxectivos do mesmo. Será obrigatorio incorporar o logo do proxecto á paxina web do centro para a difusión das actividades.
Utilizar novas tecnoloxías para o seguimento da saúde (DAFIS).
Coñecer a cantidade mínima de exercicio físico que se debe realizar dentro de cada grupo de idade para levar unha vida activa e saudable.
Desenvolvemento das competencias clave
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
Competencia dixital
Competencia en aprender a aprender
Competencias sociais e cívicas
Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
Actividades
Propostas de actividades:
Actividades na fase de deseño do proxecto:
Ficha de autoavaliación para centros educativos. Axuda a identificar todas as actividades que o centro xa está a realizar na promoción de actividade físico -deportiva e hábitos de vida saudable.
Actividades na fase de execución do proxecto, a realizar ao inicio do proxecto para establecer un punto de partida que permita avaliar o proxecto ao finalizar o curso:
Coñezo ao alumnado: axuda a identificar un nivel de partida, tanto a nivel de composición corporal, actividade física realizada ase como a nivel de condición física saudable, para poder establecer a posible mellora e avaliar o proxecto.
Cuestionarios propios de consumos de actividade física diaria e semanal.
Cuestionarios/enquisas de actividade deportiva federada.
Cuestionarios IPAQ adaptados as idades infanto-xuvenil.
Medicións de parámetros de composición corporal (tamen incluídos en DAFIS): Altura, peso (IMC), perímetros de cintura e cadeira.
Medicións DAFIS (Datos Actividade Física Saudable).Realizadas ao inicio de curso permiten establecer o punto de partida do alumnado, e traballar de forma individualizada a través dos informes para a mellora especifica dos parámetros rexistrados.
Actividades na fase de execución do proxecto,a realizar ao durante o proxecto.
Outras Actividades recollidas no anexo I.
Actividades na fase de avaliación do proxecto.
Repetición das actividades recollidas en Coñezo ao meu alumnado: Obxectivo: establecer o nivel de mellora respecto aos datos iniciais, e planificar obxectivos cara o seguinte curso.
Cuestionarios propios de consumos de actividade física diaria e semanal.
Cuestionarios/enquisas de actividade deportiva federada.
Cuestionarios IPAQ adaptados as idades infanto-xuvenil.
Medicións de parámetros de composición corporal (tamen incluídos en DAFIS): Altura, peso (IMC), perímetros de cintura e cadeira.
Medicións DAFIS (Datos Actividade Física Saudable)
Recopilación de datos numéricos es estatisticas das diferentes modalidades:
Plataforma de valoración da condición física saudable DAFIS. Nº de valoracións realizadas, datos globais, etc.
Mais e Mellor Actividade Física. Nº de sesións realizadas, co correspondente incremento da carga de actividade fisica que realiza o alumnado.
Movete+. Nº de pasos, coreografias, tempo efectivo de incremento de actividade fisica realizada.
XOGADE. Datos da participacion en XOGADE.
Milla diaria. Km percorridos, Calorias consumidas , voltas ao patio realizadas, etc
Camiña/ en bici a escola. Itineriaos realizados, km percorridos, alumnado participante, etc.
Cuestionarios / enquisas de satisfacción.
As actividades que se terán que desenvolver estarán orientadas á consecución dos obxectivos de cada modalidade.
Modalidade DAFIS (obrigatorio facer a formación específica: "Plataforma de valoración física para a saúde" (Código: G2102011 ).
Valorar a condición física para a saúde do alumnado a través dos test e probas propostos.
Traballar, en base os resultados obtidos, na mellora da condición fisica saudable, tanto de forma individual, como global (clase, centro educativo), do alumnado.
Traballar de forma transversal os contidos de actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas-).
Modalidade Máis e Mellor Actividade Física (MMAF)
Traballar de forma compartida con outras materias (CCNN/CCSS, Matemáticas, Música, etc) impartindo contidos curriculares comúns ou propios a través da actividade física.
Incrementar a carga de actividade física lectiva do alumnado.
Traballar de forma transversal os contidos de actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas-).
Modalidade Móvete+.
Fomentar a actividade física a través de actividades con música e movemento.
Traballar de forma transversal os contidos da actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas).
Modalidade Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar (XOGADE)
Participación nalgunha das submodalidades existentes na actividade deportiva escolar, recollidas na seguinte enderezo web https://xogade.xunta.gal
Traballar na mellora da condición física saudable do alumando aproveitando a participación en Xogade.
Traballar de forma transversal os contidos da actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas).
Modalidade Milla diaria
Realizar unha milla diaria (andando/trotando) dentro do horario lectivo.
Incrementar a actividade física diaria dentro do horario lectivo.
Medir o impacto na saúde do alumnado a través do seguimento duns parámetros mínimos saudables (peso, perímetro de cintura-cadeira, talla <IMC>).
Traballar de forma transversal os contidos da actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas-).
Modalidade Camiña/en bici á escola.
Deseño e posta en marcha de rutas seguras para ir ao cole andando ou en bici.
Realización de talleres de seguridade viaria.
Traballar de forma transversal os contidos de actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas).
Formación:
Na modalidade DAFIS, é obrigatorio que alomenos 1 profesor/a conte coa formación especifica, convocada a través do CAFI cada ano, posterior á resolución final de admitidos.
Outra formación (non obrigatoria): Xornadas didácticas de Deseño, execución e avaliación de PVAD. "Proxectos de vida activa e deportiva PVDA en centros educativos escolares" (Código:G2102012)
Recursos
Guía de proxectos de innovación educativa na actividade física a través do Plan Proxecta
Folla de autoavaliación para centros educativos
Guía DAFIS (para os centros que escollen esta modalidade)
Adaptación dos protocolos DAFIS á COVID19 (para os centros que escollen esta submodalidade).
Anexo I. Relación de actividades realizadas por centros educativos en Galicia nos 4 ámbitos temporais.
Memoria fin de proxecto (modelo)
Cortizas, Antón (2001): Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares. Ed. Xerais. 2ª edic. 456 páx. ligazón á ficha da publicación
Cortizas, Antón (2013): Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza. Ed. Xerais. 1080 páx. ligazón á ficha da publicación
Webs de referencia:
Web principal: http://galiciasaudable.xunta.gal/portada
Outras webs de interese:
http://xenteconvida.sergas.es/Paginas/Portada
https://vimeo.com/user17936238/portfolios
http://www.csd.gob.es/
http://www.dgt.es/es/seguridad-vial/educacion-vial/recursos-didacticos/infancia/
Produto final
Os centros participantes contarán cun apartado específico da web do centro ou unha ligazón desde esta a un blog creado a tal fin, onde o alumnado e como parte do proceso do traballo por proxectos de innovación educativa, xestionará as publicacións desta web/blog e irá resumindo as actividades/experiencias realizadas dentro do proxecto, tanto do principal como da(s) modalidade(s) escollida(s).
Criterios para a avaliación da memoria final
NOTA: para a validación da memoria, os centros deberán:
a) Ter incorporado o logo do proxecto na web do centro. Este logo estará hipervinculado coa páxina propia ou externa a web onde ver as fotos e demais contidos dixitais do proxecto. Dentro da filosofía da innovación educativa, eses contidos dixitais (vídeos, fotos, montaxes) deberán ser realizados polo alumnado participante.
b) Presentar unha memoria resumo, co formato (exclusivo) habilitado pola coordinación do programa, e que se anexará como doc na parte final da memoria.
c) Cubrir o formato estándar da memoria na aplicación do Plan Proxecta.
Criterios xerais do Plan Proxecta
1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto
Criterios específicos
4.Grao de motivación e sensibilización do alumnado pola incorporación de hábitos de vida activa e consumo de actividade física e exercicio físico no seu día a día (realización de enquisas de satisfacción, enquisas de hábitos de vida activa etc.).
5. Difusión (existencia dun apartado específico na web do centro ou ligazón a un blogue) e calidade do traballo realizado polo alumnado para fomentar, dende o centro, a adquisición de hábitos de vida activa e saudable (xeración de actividades, mapas de recursos existentes no ámbito de influencia do centro educativo para a practica de actividade física e exercicio físico etc.).
6. Calidade e grao de desenvolvemento de actividades dentro do horario lectivo e non lectivo dos/as alumnos/as para a promoción de adquisición de hábitos de vida activa e saudable, incrementando a carga diaria de actividade física (en función da modalidade escollida).
Comments