Esta semana arrancamos por fin o noso proxecto de Horto Escolar. Coa inminente chegada da primaveira, decidimos pornos mans a obra canto antes! O primeiro paso foi escoller un lugar no noso patio, e preparar o terreo, para o que pedimos axuda a veciñanza da vila, xa que nós non temos tractor!! Logo, informámonos de como podemos producir o noso propio compost para fertilizar o horto. Os máis maiores prepararon unha interesante e completísima exposición para os máis pequenos, e así todo o cole sabemos xa como e que podemos incluír nel, aproveitando mellor os nosos recursos. Ademais non todo é traballar con máquinas! Tamén nos puxemos mans a obra e arrancamos herbas nalgunhas zonas onde o tractor non podía acceder. Estamos feitos todos uns granxeiros e granxeiras!!
Esta forma de traballo tan vivencial e activa fainos aprender de forma moi significativa, atractivo para os máis pequenos, e o mellor de todo....super divertido!!!!ante este curso
Comments