top of page

Supersaudables en acción!

  • Foto del escritor: CEIP O CASTIÑEIRO Laza
    CEIP O CASTIÑEIRO Laza
  • 14 mar 2023
  • 1 Min. de lectura

O alumnado de 4º de Educación Primaria mergullouse no mundo dos hábitos saudables facendo un traballo sobre froitas e verduras.


Os alumnos/as escolleron unha froita e unha verdura sobre as cales buscaron información e elaboraron un cartel no que incorporaron: tipo de alimento, onde, cando e como se cultiva e un menú semanal para o comedor escolar.






Unha vez finalizado o seu traballo, compartírono cos alumnos e alumnas de 5ª e 6º de Educación Primaria explicándolles a súa investigación. Ademais, fixeron unha especie de debate logo de cada exposición na que os compañeiros/as lles facían preguntas sobre as froitas e verduras traballadas.




Tamén compartiron o seu traballo co alumnado de Educación Infantil. Contáronlles a súa investigación coa axuda dos peluches dos Supersaudables de froitas e verduras. Ademais, fixeron xogos con eles, tales como: clasificación de hábitos saudables e hábitos non saudables, preparación da fiambreira coa merenda saudable para o cole, clasificación de alimentos, sopa de letras de comida...




 
 
 

Entradas recientes

Ver todo

Comentários


bottom of page