top of page

MESTRES GANDEIROS

Receentemente foinos aprobado o proxecto Mestres Gandeiros para O CEIP O Catiñeiro de Laza pertencente ao Plan Proxecta



Mestres Gandeiros é unha iniciativa orientada á comunidade educativa. Este programa do Plan Proxecta ten por obxectivo transmitir aos mozos e mozas o coñecemento e as boas prácticas agrarias que a poboación rural está levando a cabo como xestora da biodiversidade e da paisaxe, na loita contra os incendios e na adaptación ao cambio climático.


En nove etapas complétase un percorrido que ten como fío condutor a transhumancia que leva cada ano ás vacas da cooperativa A Carqueixa na busca do pasto máis fresco aos cumios dos Ancares.


Os centros escolares que soliciten a súa participación neste Plan Proxecta, poderán ter acceso a todos os materiais e recursos de Mestres Gandeiros




Os gandeiros e gandeiras como xestoras da biodiversidade e da paisaxe


O papel da poboación local Quen mellor que a poboación local para comunicar e concienciar ás persoas máis novas dos valores da natureza, da importancia da interacción do ser humano con ela, das boas prácticas e do consumo responsable? Plan Proxecta Mestres Gandeiros enmárcase dentro do Plan Proxecta, no contexto da colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e o Instituto de Estudios do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para facilitar a integración de determinados programas educativos nos centros de ensino non universitario.


Reproducir vídeo A transhumancia Nos case 45 minutos que dura este vídeo, seguiremos a pista das boas prácticas medioambientais que se transmitiron de xeración en xeración e son hoxe máis importantes ca nunca: a silvicultura histórica, a agricultura tradicional e a gandería heroica. Dálle ao play!




Comments


bottom of page