top of page

PROXECTO MESTRES GANDEIROS. CEIP O CASTIÑEIRO 2022-2023

O CEIP O Castiñeiro está ubicado nun entorno rural e natural, que as veces se ve negativamente afectado pola acción humana. Por iso consideramos oportuno realizar co alumnado actividades encamiñadas á sensibilización, formación e divulgación en materia de paisaxe. Un compoñente importante da paisaxe son os valores naturais, a conectividade entre os distintos hábitats e a biodiversidade (infraestrutura verde).


Así mesmo, coa finalidade de potenciar os recursos da contorna é necesario que o alumando adquira coñecementos de como xestionar de forma sustentable os recursos naturais.

OBXECTIVOS - Vincular á poboación local na educación, en colaboración co profesorado. - Fomentar a comprensión do alumnado do rol do agricultor e do gandeiro a través das boas prácticas que estes están levando a cabo como xestores da infraestrutura verde na paisaxe. - Fomentar a innovación educativa e promover hábitos e destrezas no alumnado para desenvolver ideas creativas e innovadoras a través da reflexión crítica, do traballo colaborativo, do xogo, do contacto coa natureza e da comunicación coa poboación local que actúa como xestora do territorio. - Comprender, valorar e integrar as boas prácticas agrarias que están a levar a cabo os seus pais e nais, veciñ@s e agricultor@s no mantemento da biodiversidade, da infraestrutura verde e da paisaxe. - Recoñecer e valorar na súa contorna os valores da biodiversidade, a conectividade, a multifuncionalidade, o servizos ecosistémicos espaciais que permitan representar o espazo: cartografía, sistemas de información xeográfica, imaxes de satélite, fotografía aérea, audiovisual, .... - Apreciar o traballo da poboación local, a súa función na sociedade e a importancia do consumo responsable. - Recoñecer e valorar na súa contorna os valores da biodiversidade, a conectividade, a multifuncionalidade, o servizos ecosistémicos sociais, de regulación e de provisión de ben e alimentos.

Para a poboación local - Recoñecer e valorar a súa función na xestión da biodiversidade e a paisaxe. - Valorar e integrar o seu coñecemento e sabedoría na concienciación da estratexia da infraestrutura verde e a paisaxe. - Incorporar na súa función docente a experiencia e o rol da poboación local, o xogo e as tecnoloxías dixitais da información xeográfica. - Promover a posta en marcha de proxectos de intervención na contorna, liderados polo alumnado, que valoren as boas prácticasiculares. - Promover a posta en marcha de proxectos de intervención na contorna, liderados polo alumnado, que valoren as boas prácticas levadas a cabo pola poboación local e o consumo responsable.

ORGANIZACIÓN O proxecto desenvolverase durante a totalidade do curso escolar 2022-2023, estando as súas actividades propostas e as que poidan xurdir divididas durante os tres trimestes. Como xa se mencionou con anterioridade, non so incluirá actividades específicas, senón que tamén se traballará dende dentro da propia aula en materias como Ciencias Sociais, Ciencias Naturais, e a área de Matemáticas. Así mesmo, deseñamos actividades específicas destinadas a este proxecto, e na que participarán todo o alumando por igual. Algunhas das actividades propostas que se desenvolverán durante todo o curso son: - HORTO ESCOLAR: nas inmediacións do centro escolar crearemos un horto escolar. Serán os alumnos, coa axuda dos mestres, osencargados do coidado e seguimento do crecemento destas plantas. Para iso, farase un calendario de tarefas repartindo as mesmas entre as3 aulas nas que se divide o centro. - COMPOSTEIRO: coa finalidade de outorgar ao noso novo horto os nutrientes necesarios, e concienciar ao alumnado e a toda a comunidade educativa sobre o aproveitamento dos recursos, contaremos con un composteiro. - TALLER DE CARTOGRAFÍA: nas saídas que se realizarán por a contorna, como en cursos anteriores, tales como andainas, celebración de Magosto, Samaín, Entroido.... realizaranse pequenos talleres de cartografía previos para instruir ao alumnado no uso dos mapas. - ECOLAZA NA REDE: a través das redes sociais e do blog do centro, informaremos de todas as actividades e do seu progreso. Así mesmo, unha vez finalizado o curso, todo o aprendido e traballado recollera se nun video de ¿boas prácticas - HORTOTECA: incluiremos na biblioteca do centro unha sección con libros e materiais sobre cultivo e gandeiría sostible e o coidado do ecosistema. Ademáis, unha vez por trimestre realizarase unha actividade concreta: 1º TRIMESTRE: RESTAURACIÓN DO TERREO TRAS UN INCENDIO FORESTAL. 2º TRIMESTRE: VISITA A UNHA GRANXA LOCAL. 3º TRIMESTE: : VISITA A UN VIVEIRO.

METODOLOXÍA A metodoloxía será activa, global e participativa, fomentando a actuación e cooperación de todos os axentes que integran a comunidade educativa. Traballaremos en todas as áreas, de xeito transversal, a concienciación por o coidado do medio e do ecosistema, estudando como se inflúe nel na contona máis próxima ao centro, e reflexionando sobre as boas prácticas ou os cambios que se poden facer a mellor. Aprenderemos a empregar de forma sustentable os recursos naturais, a través do estudo destes e do impacto que as nosas accións teñen no medio.





Comments


bottom of page