top of page
  • Facebook
  • Instagram

APRENDO PROGRAMANDO: AS MIÑAS PRIMEIRAS BATERÍAS

  • Foto del escritor: CEIP O CASTIÑEIRO Laza
    CEIP O CASTIÑEIRO Laza
  • 26 may
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 1 jul



BATERÍA 1




Batería interactiva reutilizando botes de plástico, programando sons en Scratch e empregando unha placa Makey Makey. Cada bote representaba un elemento do instrumento e estaba conectado á placa para converterse nun sensor táctil. Unha vez decorados e conectados, tocaron a batería usando baquetas artesanais, facendo que os sons se reproducisen a través do ordenador.

A actividade combinou creatividade, reciclaxe, música e programación, fomentando o traballo en equipo, o uso das TIC e a aprendizaxe significativa de xeito lúdico e motivador.





BATERÍA 2


Para comezar, o alumnado deseñou artisticamente unha batería sobre cartolina A3, personalizándoa con formas e cores. Logo, elaboraron a súa propia plastilina condutora con ingredientes comúns como fariña, sal, zume de limón, aceite vexetal e colorante alimentario. Esta plastilina colocouse sobre as diferentes partes do debuxo da batería, servindo como sensores táctiles.

Conectaron os puntos de contacto á placa Makey Makey mediante cables cocodrilo e, a través de Scratch, programaron cada zona para que emitise diferentes sons de batería (caixa, bombo, pratos, etc.). A experiencia culminou cando, empregando tubos metálicos como baquetas, puideron tocar a súa creación como un instrumento musical real, facendo que cada golpe xerara un son a través do ordenador.





Comments


bottom of page