APRENDO PROGRAMANDO: A MIÑA PRIMEIRA GUITARRA
- CEIP O CASTIÑEIRO Laza
- 1 jul
- 1 Min. de lectura

Durante unha sesión de aprendizaxe creativa no CEIP O Castiñeiro, o alumnado deseñou e programou unha guitarra musical interactiva combinando reciclaxe, programación e expresión artística. Para a parte física, reutilizaron cartón, papel de aluminio para construír unha guitarra de tamaño reducido, engadindo zonas condutivas que simulaban as cordas. Cada corda foi conectada á placa Makey Makey, asignando unha tecla diferente a cada unha.
No entorno de Scratch, programaron sons de guitarra eléctrica empregando a extensión de música, asignando notas musicais ás teclas correspondentes. Ao tocar fisicamente as cordas condutivas, activábanse os sons no ordenador, permitindo interpretar melodías sinxelas ou experimentar coa creación musical.
A actividade combinou contidos de música, tecnoloxía, arte e programación, promovendo a reutilización de materiais, o traballo cooperativo e a aprendizaxe significativa. Foi unha experiencia lúdica e motivadora que fixo da aula un espazo de innovación e expresión creativa. 🎸
Con este programa podes tocar a canción de "Smoke on the Water" de Deep Purple empregando Makey Makey. Segue esta secuencia de teclas:
- ⬆️ Arriba, ⬇️ Abaixo, ➡️ Dereita
- ⬆️ Arriba, ⬇️ Abaixo, ⬅️ Esquerda, ➡️ Dereita
- ⬆️ Arriba, ⬇️ Abaixo, ➡️ Dereita, ⬇️ Abaixo, ⬆️ Arriba
- ␣ Espazo


Comments