CANTOS DE CEGO NO CAMIÑO: "OS XOGOS DA INFANCIA"
- CEIP O CASTIÑEIRO Laza
- 27 jun
- 3 Min. de lectura

Unha das actividades máis significativas realizadas durante o curso foi a representación dun canto de cego, inspirado na tradición dos antigos romances e aleluyas populares que acompañaban aos peregrinos no Camiño de Santiago. Esta actividade tivo lugar durante a celebración do día da graduación do alumnado, como peche simbólico e festivo do ciclo educativo.
Neste caso, o noso canto titulábase “Os Xogos da Infancia”, e foi representado ao estilo dos cantares tradicionais galegos: con versos rimados, acompañado dun cartel ilustrado e ambientación de época. O alumnado interpretou este canto recuperando xogos populares como a corda, a mariola, o aro ou o pano perdido, evocando as lembranzas da infancia como patrimonio colectivo. A posta en escena combinou narración oral, música tradicional e expresión plástica, converténdose nun momento moi emotivo e celebrativo.
Os Cantos de Cego no Antigo Camiño de Santiago
Os cegos cantores eran figuras moi presentes nas vilas e camiños da Galicia medieval e moderna. Xeralmente acompañados dun axudante ou lazarillo, e portando un panel ilustrado (a aleluia), recitaban ou cantaban historias rimadas sobre milagres, crimes, feitos históricos, ou temas moralizantes e populares. Eran, en certo xeito, precursores do xornalismo oral e da literatura de cordel.
No contexto do Camiño de Santiago, os cantos de cego tiñan unha función fundamental: entreter, informar e conmover aos peregrinos durante as súas paradas ou nos campos das romarías. Os xogos de nenos, os contos marabillosos ou as coplas de tipo relixioso e satírico eran temas recorrentes, sempre coa intención de atraer a atención do público e recoller algunha esmola a cambio do espectáculo.
Esta actividade permitiunos non só recuperar unha parte esquecida da nosa cultura oral, senón tamén conectar co espírito do Camiño como espazo de aprendizaxe, narración e convivencia.
Estes son algúns do que saíron na representación:
- Nenos, vedes debuxados, / os vosos xogos amados. 
- O “Pinto, Pinto” primeiro, / é xogo de neno pequeno. 
- O “Pión” ben comprendido, / é xogo moi divertido. 
- Na “Pelota”, cómpre tino, / darlle ben é o destino. 
- Faino ás nenas gozar / ver o “Aro” a rodar. 
- Saltando a “Corda” ben / xogan os nenos tamén. 
- Á “Comba”, como verás, / xogan sempre polo menos tres. 
- O “Chito” pide destreza / para que caia con certeza. 
- A “Toña” pode ferir, / pouco ten de rir. 
- O “Volante” con arte / vai cruzando parte a parte. 
- Non é tonto o que se entrega / ao xogo da “Galiña cega”. 
- O “Birloque” vai amodo / se xogas sen alboroto. 
- A “Cometa” vai voando / cara ao ceo, brincando. 
- No “Agocho” gaña o listo / que se esconde ben e xusto. 
- Na “Mariola” hai destreza / dende a primeira proeza. 
- O “Moscardón” é xestoso / e sempre moi gracioso. 
- Ás “Catro Esquinas” volve / quen máis corre e non resolve. 
- Os máis rebuldeiros / xogan aos “Rompe-ósos” lixeiros. 
- No “Marro” é vencido / quen é menos decidido. 
- Ao “Cullerón”, se estás vendado, / perdes se vas despistado. 
- Os “Zancos” levan altura, / máis que xogo, é loucura. 
- Nos “Bolos”, boa man / leva a bola e faino ben. 
- O “Pañuelo” é veloz / se corres sen erro ou voz. 
- No “Gato e o Rato” xiran / e as carreiras deliran. 
- O “Treneciño” no camiño / leva risa no liño. 
- Na “Corda ben tirada” / gaña quen máis forza nada. 
- O “Teatro” de papel / trae ilusión de mel. 
- O “Adiviña quen son” / é de xeito e intuición. 
- “Dominó” e “Lotería” / alegran todo o día. 
- O “Cabalito de pau” / corre máis que calquera trau. 
- E ao final desta función, / brindade todos ovación. 















Comentarios