“Refráns, adiviñas e coplas no Camiño”
- CEIP O CASTIÑEIRO Laza
- 27 jun
- 1 Min. de lectura

No marco das propostas incluídas no material didáctico do programa “Vexo, Veo, Xacobeo” da Xunta de Galicia, o CEIP O Castiñeiro desenvolveu unha actividade creativa e lingüística centrada na tradición oral relacionada co Camiño de Santiago.
1. Recompilación de refráns
O primeiro paso da actividade foi recopilar refráns tradicionais relacionados co Camiño de Santiago, moitos dos cales foron achegados polo propio alumnado a través das súas familias, afondando así na transmisión interxeracional da cultura popular. Tamén se buscaron en fontes escritas e dixitais, sempre en galego. Cada refrán foi acompañado dunha ilustración realizada polo alumnado, co fin de reforzar a comprensión e crear un soporte visual atractivo.
2. Creación de adiviñas
Inspirándose nos símbolos do Camiño (a cuncha, a frecha amarela, a mochila, o bordón, a catedral, etc.), o alumnado creou adiviñas orixinais en lingua galega. A actividade permitiu traballar a linguaxe figurada, a descrición e a rima de forma lúdica. Cada adiviña foi ilustrada cun debuxo representativo, reforzando así a relación entre imaxe e palabra.
3. Composición dunha copla
Como colofón da actividade, o grupo-clase elaborou unha copla colectiva sobre o Camiño de Santiago, baseada na estrutura tradicional das coplas galegas (cuartetas de rima consonante). A composición, construída entre todas e todos, recolle o espírito da peregrinación e o sentimento colectivo do camiñar. Tamén foi ilustrada cunha imaxe alusiva, realizada polo alumnado.

Comments