COÑECÉMONOS A NÓS MESMOS!
- CEIP O CASTIÑEIRO Laza
- 29 ene 2024
- 1 Min. de lectura
Seguimos traballando a autoestima no noso recuncho da biblioteca, xa que consideramos que é moi importante que os nenos e nenas se coñezan a eles mesmos e se acepten e queiran tal e como son.

Primeiro escribimos nas gotiñas de auga aquelas cousas, persoas, animais... que nos fan sentir ben e no lume o que nos fai sentir mal.


Logo, na diana, escribimos aspectos positivos que vemos en nós. Con isto pretendemos que os nenos e nenas saiban ver neles todas as cousas boas que teñen.
Na ficha da potiña escribimos que cousas nos gustaría cambiar de nós e que poderiamos facer para conseguilo.


Ademais, os nenos e nenas de Educación Infantil axudáronlle ao Monstruo de Cores a clasificar cada cor no bote da emoción que a identifica...

... porque nos chegaron uns xogos sobre as emocións para poder utilizar no noso recuncho e temos moitas gañas de ir descubrindo o que agochan.






Comentarios