O VALOR DA EMPATÍA 🫂
- CEIP O CASTIÑEIRO Laza
- 28 feb 2024
- 1 Min. de lectura

Continuamos traballando as emocións!
Hoxe adentrámonos no mundo do amor e da empatía, xa que esta última é de vital importancia para que os nenos e nenas saiban poñerse no lugar dos demais e se respecten, porque na diversidade está a maior riqueza.
Para traballar a empatía vimos dúas curtas: “El huevo y la gallina” e “Ratón en venta” e debatimos sobre cada unha delas.



Despois fixemos un “Emocionómetro” no que tiñan que valorar a súa experiencia, ata o de agora, no recuncho das emocións. En vermello puxeron o que menos lles gustou, en amarelo o que lles gustou bastante e en verde o que máis lles gustou.
Ademais, os nenos e nenas de 4º e 5º de Educación Primaria crearon un “tarro emocionado” para ir metendo as emocións que van sentindo.







Comentarios