top of page
Buscar

PATIOS DINÁMICOS 2024

Foto del escritor: CEIP O CASTIÑEIRO Laza
CEIP O CASTIÑEIRO Laza
24 sept 2024
1 min de lectura



Durante estes tres últimos curso puxemos en marcha a iniciativa, dentro do programa CP INCLUE, de convidar as nosas familias a dinamizar os patios de forma que todos os nenos e nenas xogarán xuntos, deixando de lado as súas insignificantes diferenzas, rompendo barreiras entre adultos e infantes, e pondo en

valor a cooperación e o traballo en equipo.

As actividades foron moi variadas, dende talleres de instrumentos artesanais realizados con materiais reciclados, xogos cooperativos que traballan as emocións, actividades educativas sobre a vida e a importancia das abellas, e xogos

dinámicos moi atractivos e divertidos para os pequenos.

Foi unha experiencia moi enriquecedora. O claustro do centro quere dar as gracias a todos os participantes e tamén por suposto a aqueles que mostraron o seu interés pero por motivos de conciliación non lles foi posible. Hai que repetir!!







 
 
 

Comentarios


bottom of page