top of page








Publicacións Recentes


O CEIP O Castiñeiro destaca na fase comarcal de Campo a Través de XOGADE
O alumnado do CEIP O Castiñeiro participou na fase comarcal de Campo a Través do programa XOGADE, celebrada en Tintores, nunha xornada deportiva marcada polo esforzo, a superación persoal e a convivencia entre centros educativos. Os nosos rapaces e rapazas deron o mellor de si en cada carreira, demostrando un gran espírito deportivo, compañeirismo e ilusión. Máis alá dos resultados, a participación nesta proba supuxo unha magnífica oportunidade para fomentar hábitos de vida s


Estreamos mesa de ping-pong e comezamos a Liga dos Recreos
No CEIP O Castiñeiro seguimos creando espazos de lecer activo que contribúan ao benestar do noso alumnado. Grazas á adquisición dunha nova mesa de ping-pong para exterior, o patio escolar conta cun novo recurso deportivo que está a ter unha excelente acollida. Para aproveitar esta nova instalación, puxemos en marcha a I Liga de Ping-pong dos Recreos, na que participa o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Ao longo das próximas semanas, os rapaces e rapazas disputará


A mobilidade sostible chegou ao noso centro, "Camiña/en bici á escola"
No noso centro continuamos apostando por iniciativas que promoven hábitos de vida saudables, a actividade física e a mobilidade sostible. Durante este curso, o alumnado tivo a oportunidade de vir ao colexio en bicicleta de maneira autónoma e responsable, convertendo este medio de transporte nunha opción habitual para moitos nenos e nenas. Para facilitar esta iniciativa, adquirimos soportes para bicicletas que foron montados polo propio alumnado, fomentando a súa participación
bottom of page