top of page






Entradas Recentes


O CEIP O Castiñeiro destaca na fase comarcal de Campo a Través de XOGADE
O alumnado do CEIP O Castiñeiro participou na fase comarcal de Campo a Través do programa XOGADE, celebrada en Tintores, nunha xornada deportiva marcada polo esforzo, a superación persoal e a convivencia entre centros educativos. Os nosos rapaces e rapazas deron o mellor de si en cada carreira, demostrando un gran espírito deportivo, compañeirismo e ilusión. Máis alá dos resultados, a participación nesta proba supuxo unha magnífica oportunidade para fomentar hábitos de vida s
4 jul1 min de lectura


A mobilidade sostible chegou ao noso centro, "Camiña/en bici á escola"
No noso centro continuamos apostando por iniciativas que promoven hábitos de vida saudables, a actividade física e a mobilidade sostible. Durante este curso, o alumnado tivo a oportunidade de vir ao colexio en bicicleta de maneira autónoma e responsable, convertendo este medio de transporte nunha opción habitual para moitos nenos e nenas. Para facilitar esta iniciativa, adquirimos soportes para bicicletas que foron montados polo propio alumnado, fomentando a súa participación
2 jul2 min de lectura


👣 A Milla Diaria: 10.000 pasos cara a unha vida máis activa e saudable
No CEIP de Laza, po 5º ano consecutivo, seguimos comprometidos coa promoción de hábitos de vida activa e saudable a través da nosa participación no Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD). Entre as diferentes iniciativas que desenvolvemos ao longo do curso destaca a Milla Diaria, unha proposta que converte a actividade física nun hábito cotián para todo o alumnado. O principal reto consiste en que cada alumno e alumna alcance, de maneira individual, 10.000 pasos diarios,
2 jul2 min de lectura


Día de aventura e aprendizaxe coa BRIF de Laza
O pasado 29 de marzo, o alumnado do CEIP O Castiñeiro de Laza viviu unha xornada chea de aventura, natureza e aprendizaxe da man da BRIF de Laza (Brigada de Reforzo contra Incendios Forestais). Unha actividade que se enmarca no noso PDI Latexo Verde e que conecta á perfección coa filosofía do Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD): saír do aula, mover o corpo e aprender no propio territorio. Unha andaina como punto de partida A xornada arrincou cunha andaina dende o propi
2 jul2 min de lectura


Camiñando xuntos: convivencia, cultura e vida activa entre os coles de Laza e Vilardevós
16/05/26 No marco do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD), o alumnado do CEIP O Castiñeiro de Laza viviu unha xornada que resume á perfección o espírito deste programa: mover o corpo, abrir a mente e tecer relacións. Unha andaina compartida co CEIP de Vilardevós que uniu sendeirismo, convivencia escolar e celebración das Letras Galegas nun mesmo día inesquecible. Unha xornada, tres aprendizaxes A mañá comezou no CEIP de Vilardevós, cunha actividade de presentación
2 jul2 min de lectura


Pedalando polo Val de Laza: unha xornada de deporte e natureza
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP O Castiñeiro de Laza viviu unha xornada inesquecible ao lombo dunha bicicleta, percorrendo os camiños do noso Val de Laza dentro das actividades programadas polos Proxectos de Vida Activa e Deportiva (ProxectaPlus). Unha ruta chea de aventura A proposta consistiu nunha ruta circular que levou aos nosos rapaces e rapazas a descubrir, sobre dúas rodas, algúns dos lugares máis fermosos do concello: Laza → Vilameá → Castro →
2 jul2 min de lectura
bottom of page