top of page

8M: día da muller

  • Foto del escritor: CEIP O CASTIÑEIRO Laza
    CEIP O CASTIÑEIRO Laza
  • 8 mar 2023
  • 1 Min. de lectura

Hoxe é o 8M o día da muller traballadora. Dende o centro, como xa o indicamos outras veces, cremos importante recordar a importancia de recoñecer a historia dos dereitos políticos, sociais e económicos das mulleres e que tanto nenas como nenos continúen loitando por un mundo igualitario, libre de discriminación e violencia.


Así, para conmemorar este día, a parte de abordar a nivel aula este tema, decidimos crear unha composición fotográfica do 8M con fotos dos nenos e nenas.






Estas fotos fan alusión o cartel "We can do it" creado na segunda guerra mundial e que serviu de inspiración para promover a igualdade de homes e mulleres.




Comentarios


bottom of page