O día 25 de novembro conmemoramos o día da non violencia de xénero. Todos os días traballamos e enfatizamos a importancia dos valores como a igualdade e o respecto. Non obstante, este día quixemos abordar esta temática dunha forma diferente.
Comezamos o día lendo o conto "O chuvasqueiro de Aurora" da autora María Márquez . Este, narra a historia dunha nena e a súa nai que sofren violencia de xénero.
Seguidamente, analizamos o conto e os máis maiores realizaron un debate sobre a situación que vive a nena e a nai. Unha vez abordado este tema, fixemos unha manualidade realizada co conto.
Finalmente saímos ao patio e creamos a nosa propia porta violeta con todas aquelas palabras e actos que consideramos necesarios para vivir nunha sociedade libre de violencia, igualitaria, na que prime a coeducación e o respecto a todas as persoas independentemente do xénero.
Comments