O 12 de novembro celebramos o magosto en Soutelo Verde, localidade do Concello de Laza, situada a 3 km por estrada do cole de Laza. Despois de traballar toda a semana sobre a súa tradición. Con este tipo de actividades fomentamos non só o respeto por a cultura propia, senón que os nenos tamén adquiren valores para a conservación do medio e o entorno, e fomentamos os hábitos de vida saudable con unha andaina a Soutelo Verde. Alí todos xuntos desfrutamos de comidas típicas destas datas, como bolos preñados, bica de Laza, e como non podía ser doutro xeito, castañas asadas.
Dende a comunidade educativa queremos dar as grazas en especial á panadaría de Laza por a comida tan rica que nos prepararon, á Casa das Bicas por ensinarnos as dúas instalacións, a Pepita de Soutelo que moi amablemente nos ensinou a capela da aldea, e a Protección Civil de Laza por velar pola nosa seguridade no traxecto e a súa amable colaboración.
Polas pistas do Val das Cobras de Laza e de Vilameá percorremos a distancia de aproximadamente 5Km ata chegar dende o Cole de Laza ata Soutelo Verde.
Comments