Andaina sostible polo Camiño"Paseo da Veiga" (Matamá - Laza)
- CEIP O CASTIÑEIRO Laza
- 26 jun
- 1 Min. de lectura

O alumnado do CEIP O Castiñeiro de Laza participou nunha xornada moi especial pola ruta do Paseo da Veiga, á beira do río Támega. Nesta ocasión, combinamos natureza, aprendizaxe e compromiso co medio ambiente: recollimos lixo que atopamos nas pistas e sacamos fotos do fermoso entorno que nos rodea!
Dentro do programa Vexo Vexo Xacobeo da Xunta de Galicia, esta actividade axúdanos a:
Tomar conciencia da importancia de coidar o noso entorno
Fomentar o traballo en equipo e o sentido de responsabilidade
Aprender fóra da aula, en contacto directo coa natureza
Desfrutar do aire libre e da actividade física
Un día para repetir, cheo de aprendizaxes e boas vibracións! Grazas a todos e todas por poñer o voso gran de area! Seguimos coidando do planeta, paseniño pero sen parar!

Comentários