Camiño de Santiago en bicicleta estática
- CEIP O CASTIÑEIRO Laza
- 27 jun
- 1 Min. de lectura

A iniciativa, que comezou o 29 de abril, consistiu nun reto colectivo no que o alumnado pedalearía por quendas durante os recreos, acumulando quilómetros ata completar as diferentes etapas da Vía da Prata, desde Mombuey ata Santiago de Compostela, cun percorrido total de 307 km. A falta dunha etapa, ata a data percorremos xa 296 quilómetros, evidenciando un elevado nivel de participación e compromiso por parte do alumnado.
Ademais do compoñente físico, a actividade incorporou unha dimensión educativa e cultural, a través da elaboración dunha liña do tempo expositiva na que o alumnado foi rexistrando os quilómetros realizados e documentando os principais aspectos históricos, xeográficos e patrimoniais dos lugares polos que "transitaban".

コメント