top of page
  • Facebook
  • Instagram

 CAMIÑO NAS EIRAS CON ULTREIA!

  • Foto del escritor: CEIP O CASTIÑEIRO Laza
    CEIP O CASTIÑEIRO Laza
  • 26 jun
  • 1 Min. de lectura

O alumnado do CEIP O Castiñeiro gozou dunha xornada INESQUECIBLE en As Eiras (Laza)  co apoio da Asociación Ultreia

 Comezamos cun delicioso almorzo de benvida que nos encheu de enerxía! Grazas pola acollida!

 Participamos en actividades de orientación, explorando o pobo e activando corpo e mente!

 Coñecemos o seu punto de atención ao peregrino, un espazo de acollida, historia e solidariedade  Escoitamos con atención a historia do Camiño ao seu paso pola aldea, contada con moito agarimo polos membros da asociación

 E para rematar a experiencia… puxémonos en marcha!

Percorremos a pé os 7 km entre As Eiras e Laza, vivindo o espírito peregrino entre natureza, cultura e amizade  Esta actividade enmárcase dentro dos programas oficiais da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia:

 Vexo Vexo Xacobeo


 Grazas de corazón á Asociación Ultreia, grazas Cristian e Marisol, pola súa entrega e hospitalidade

 Seguimos camiñando, aprendendo e compartindo!




 
 
 

Comments


bottom of page