Escornabot é un proxecto de código aberto/hardware cuxo obxectivo é achegar a robótica e a programación aos nenos e nenas.
O Escornabot básico pódese programar con botóns para executar secuencias de movementos. A partir de aquí, a imaxinación é o único límite ás posibilidades.
O escornabot é un robot educativo de código aberto (OpenSource) baseado en Arduino, para introducir aos nenos e nenas no campo da robótica e a programación.
Pódese controlar mediante dispositivos móbiles como tabletas ou teléfonos mediante a incorporación dun módulo Bluetooth compatible con Android e iOS (opcional), e a instalación dunha aplicación .
Podes moverte en catro direccións, xa sexa premendo o botón ou a través de dispositivos con conexión Bluetooth.
O deseño é sinxelo, con dúas rodas impulsadas por motores paso a paso, o panel de botóns, o módulo Bluetooth opcional e a placa que soporta o Arduino que controla todo o funcionamento.
- Programa Arduino: https://github.com/escornabot/arduino/releases
- Pezas impresas en STL: https://drive.google.com/open?id=0B2zIDCnIAqPZOFRMa2t4ZE1lWnM
Comments