Kits Singulares, KS Construción , Experimentación estrutural
CITEEC é un centro de innovación tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil da Universidade de A Coruña adicado ao estudo da construción e enxeñaría civil dende a óptica do análise experimental.
Construción 4
Achegamos
‣ Pezas de construción en madeira!
‣ Conectores impresos en 3D (tes 2 de mostra pero deberás imprimir máis en 3D. Os arquivos .stl están na descarga do qr. Se a peza encaixa con dificultade podese lixala un pouco)
‣ Porcas, parafusos e desaparafusador (recomendable)!
Observamos
Buscamos unha mesa ampla onde poder traballar a construción das estruturas. Hai dous tipos diferentes de pezas impresas e pódense formar dous grupos de traballo para cada tipo de peza.
Practicamos como facer unha unión (nó simple). Unha vez coñecido como facer un nó simple, montamos unha estrutura con triángulos ou cadrados formando unha ringleira que chamaremos celosías. Utilízanse para facer estruturas de pontes. A cada cadrado ou triángulo chamarémolo van. Podes empezar cunha estrutura de 3 ou 4 vans.
Facemos celosías de cadrado e dúas de triángulos para logo unir cada parella con pezas transversais.
Indaga
‣ Por cada celosía simple de triángulos, cantos nós e barras precisas para unha ponte de dous vans? E de tres? E de n vans?
‣ E no caso dos cadrados?
‣ Tentamos construír algunha destas propostas do kit singular con triángulos ou cadrados xuntando celosías. Cantos nós precisaremos?
Comments