top of page
  • Facebook
  • Instagram

ScratchJr: primeiros pasos na programación

  • Foto del escritor: CEIP O CASTIÑEIRO Laza
    CEIP O CASTIÑEIRO Laza
  • 10 nov 2025
  • 1 min de lectura



O alumnado de Educación Primaria achégase ao mundo da programación mediante unha metodoloxía dinámica, práctica e adaptada á súa idade, empregando a linguaxe de bloques de ScratchJr.

Esta ferramenta permítelles crear pequenas historias e animacións mentres desenvolven habilidades fundamentais como o pensamento lóxico e computacional. Ao mesmo tempo, aprenden a planificar, organizar ideas e resolver retos seguindo unha secuencia ordenada de accións. Todo este proceso favorece o desenvolvemento de capacidades como a análise, a representación, a planificación e a organización, integrando de forma natural contidos relacionados coa lóxica matemática e a lectoescritura nun contexto motivador e con significado para o alumnado.





Comentarios


bottom of page