
O
RAPOSO
FACHÓN
BIBLIOTECA DO CEIP O CASTIÑEIRO




CATÁLOGO BIBLIOTECA
Bibliotecas Escolares de Galicia
GUÍA
USO BIBLIOTECA
Enquisas docentes
Enquisa familias
Enquisas Alumnado
Proxecto Documental Integrado
Sempre en busca de inspiración
Os Proxectos Documentais Integrados estan relacionados directamente co Traballo por Proxectos (iniciado por Dewey e Kilpatrick) e as Unidades Didácticas Integradas xeradas do traballo para as Competencias Clave. Así, podemos definilos como:
"Os proxectos documentais integrados (PDI) son actividades nas que o alumnado, ademais de investigar sobre un tema ou un problema concreto, se familiariza cos procesos de procura, selección e tratamento da información e co traballo intelectual, empregando para iso os recursos documentais da biblioteca escolar."
"Son proxectos porque se desenvolven a través dunha metodoloxía activa, participativa e colaborativa, orientada ao desenvolvemento das competencias clave do alumnado. Son documentais porque, a partir dos recursos documentais que atesoran as nosas bibliotecas escolares, favorecen a procura, selección e tratamento da información, permitindo que as nenas e os nenos constrúan o seu propio coñecemento, desenvolvan a súa creatividade e sexan capaces de comunicar e compartir as súas aprendizaxes. E son integrados porque posibilitan a conexión e integración de saberes procedentes de diferentes áreas do currículo, favorecendo unha aprendizaxe globalizada e significativa que achega a escola á realidade cotiá do alumnado." ( proxecto documental integrado, Rosa Piquín Cancio)

