top of page

LATEXO VERDE
O proxecto Latexo Verde nace como unha resposta viva e esperanzadora fronte ás feridas que o lume deixou en Laza e na súa contorna tras os graves incendios do pasado agosto. Pretendemos poñer en valor o latexo da natureza que nos rodea, promovendo a recuperación e conservación da flora e da fauna autóctona, así como a concienciación da comunidade sobre a importancia de coidar e respectar o noso entorno natural. A través deste proxecto, queremos transformar o negro en aprendizaxe e acción, facendo do verde o símbolo do noso renacer colectivo.
04
PRODUTO FINAL

bottom of page






