O NOSO SON
- O Raposo Fachón
- 5 may
- 2 Min. de lectura
O 17 de Maio adícase as letras galegas ás cantareiras e pandereteiras. En base a esta celebración, as bibliotecas escolaras de Galicia en colaboración coa radio galega, organizan o VII concurso de Podcasts- Radio na biblio destinado a estimular, mediante o recoñecemento de boas experiencias, a elaboración de produtos radiofónicos enfocados a salientar a valoración da lingua materna, o coñecemento da poesía galega alén da escrita e o seu carácter colectivo, a relación entre a literatura e a música, o papel das mulleres como creadoras individualizadas, a importancia das recollas e a representación das cantigas galegas como tradición viva da poesía popular oral a través das novas manifestacións.
Este ano, por primeira vez, poidemos participar neste concurso ao ser recentemente integrados no proxecto PLAMBE. Creamos tres podcast por aula, buscando salientar o escrito anteriormente.
Finalmente, o producto realizado polo alumnado de infantil en colaboración con dúas alumnas de segundo de primaria, foi galardonado nesta edición do concurso.
O podcast "O noso son" é un produto radiofónico en galego, que pretende, a través da mirada inocente do alumnado de educación infantil, facer unha exaltación do folclore, demostrando que a música galega e a tradición seguen vivas en cada xeración; onde a pandeireta como instrumento non só se escoita, senón que se sente. Amosa a importancia deste instrumento e das cantigas populares a través da tradición oral, pois transmítense de xeración en xeración, e a participación das crianzas fan que coñezan activamente o legado cultural musical a través das manifestacións artísticas de grupos actuais e locais que demostran que a nosa cultura segue viva e en constante evolución.
Detrás deste podcast hai moito traballo dos nenos e nenas e das mestras que titorizan este grupo de alumnado.
Aquí deixamos a nosa creación, aínda que poderedes tamén escoitalo na páxina oficial da radio https://www.agalegaaudio.gal/videos/category/19105-radio-na-biblio proximamente.
Tamén compartimos un documento explicando o traballo previo realizado polos cativos e cativas para abordar a temática das letras galegas e crear o podcast.
Esperamos que vos guste e desfrutedes das voces destes rapaces e rapazas contándovos que tanto transmite o son dunha pandeireta.
Comments