MEDO ME DÁ
- O Raposo Fachón
- 12 jun
- 1 Min. de lectura
O seguinte libro do club de lectura de 2º de primaria foi Medo me dá de Ramón D. Veiga. Neste libro ensina que os montros tamén teñen medo. Unha divertida obra de teatro.
Para comezar co libro, presentámoslle unha ataúde feita de cartón e unhas letras.
Estas letras tiñan que ser ordenadas para descubrir o título do libro e poder abrir o ataúde e descubrir os libros que había dentro.
Nesta mesma sesión, tamén fixemos un marcapáxinas e entregamos unha carpeta co libro e unfa folla coas sesións nas que nos ibamos a reunir.
Nas seguintes sesións, comentamos as escenas que ibamos lendo e que era o que máis lle gustaba e que menos, interpretamos algunha escena, fixemos un debate sobre o aspecto físico e tamén traballamos o vocabulario nunha actividade que debían asociar a palabra co seu significado e poñelo na escena na que aparecía esta palabra.
Outras das actividades que fixemos foi pintar uns bonecos de madeira do personaxe que máis lle gustou.
Comentários