Ao longo de todo o curso escolar desenvolvemos a actividade "Mércores con moito conto", unha iniciativa pensada para fomentar o gusto pola lectura e converter os libros nun punto de encontro para toda a comunidade educativa. Cada mércores abríamos un espazo especial no que alumnado, profesorado e familias podían participar compartindo contos, historias, lendas e lecturas de todo tipo. A través destas sesións tivemos a oportunidade de escoitar diferentes voces, descubrir novos