top of page
Foto del escritorO Raposo Fachón

O QUE SABEMOS DO SAMAÍN!

Actualizado: 30 oct




Descubrindo o Samaín cos máis pequenos

Benvid@s de novo ao noso blog escolar! Esta semana tivemos a oportunidade de falar cos nosos alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de primaria sobre o Samaín, e queremos compartir con vós todo o que nos contaron.

Unha festa con historia Os nosos pequenos explicáronnos que o Samaín é unha festa de orixes celtas, que se celebra en moitos lugares de Galicia. Contáronnos que antigamente, esta era unha data moi especial, na que os antepasados crían que as almas dos defuntos volvían ao mundo dos vivos durante unha noite.

Como o celebramos? Os nenos e nenas relataron como eles celebran o Samaín na escola. Decoramos cabazas, facemos manualidades de medo e, por suposto, disfrutamos disfrazándonos de personaxes terroríficos! Os máis valentes mesmo participaron no concurso de contos de medo.

A importancia das tradicións Foi emocionante escoitar aos nosos alumnos falar con tanto entusiasmo sobre o Samaín. Esta festa non só é un momento para divertirnos, senón tamén para aprender sobre as nosas tradicións e valorar a nosa cultura.

Esperamos que vos gustara esta pequena inmersión no Samaín a través dos ollos dos nosos pequenos. Non esquezades deixar os vosos comentarios e compartir como celebrades vós esta festa!


Ademáis de coñecer a historia do Samaín, a aula de infantil quixo aportar o seu graniño de area para este día, contando un dos seus contos favoritos..."Corre, corre, cabaciña" coa axuda de dous nenos de 4º e 6º.








Tamén os máis maiores (4º,5º e 6º de primaria) se adentraron no mundo da radio e os podscast. Neste deleitannos cunha entrevista que lle fan aos montros máis monstruosos.






18 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page