top of page
Foto del escritorO Raposo Fachón

OBRA DE TEATRO: "MAREAN AO DOUTOR CABRERA"

Actualizado: 31 may 2022


O alumnado de 4º, 5º, 6º EP do CEIP O Castiñeiro de Laza representa na emisora Radio Fachón a Obra de Teatro "Marean ao Doutor Cabrera"


Traballamos co programa Audacity para montar as pistas e exportar a MP3. Colocamos ademais efectos de son ambiental dos corredores dun hospital e aplusos do público.

Axudaron as mestras Andrea e Juanlu coa narración, Sandra coa grabación e Juanlu coa montaxe das pistas.


Ensaimamos durante todo curso xunato coa metra Iria para poder reprensentar a obra, pero dado os inconvintes por mor do COVID, ausencias, imprevistos decidimos aprobeitar o potencia da radio escolar e traballar con esta ferramenta.


Esperemos que vos guste o resultado.


 

O doutor Cabrera chega á consulta acompañado da súa enfermeira. É moi animado e tranquilo, ata que comeza a recibir unha serie de pacientes que destruirán a súa serenidade. Esta situación chega a tal punto que ten que tomar un analxésico para calmarse, aínda que non será suficiente para evitar a súa tolemia final: cambiar a bata de médico polo mono de fontaneiro.


PERSONAXES


MÉDICO: un médico de familia que está farto de aguantar aos seus enfermos tolos.


ENFERMEIRA: encargada de poñerlle nome aos pacientes e darlle ao médico todo o que precisa, dende as ferramentas para extraer un dente ata unha pistola para matar o nervio.


VELLIÑA: vella con crise de amnesia que non sabe moi ben se está a falar co barbeiro, co alcalde... Cóntalle ao doutor, ou mellor dito, a bata colgada do percheiro, a vida do seu marido “que estea en gloria”, e cando ve que na consulta non venden perexil, decide marchar para non chegar tarde ao médico.


DON ALBERTO CANARIAS: señor de avanzada idade e moi cascarrabias que non pode durmir polas noites porque o can do seu veciño non para de ladrar. Cre que o médico pode receitarlle unhas pastillas, aínda que o doutor xa non sabe se as quere para el ou para ese “bicho”. Don Alberto marcharase enfadado da consulta porque cre que o Dr. Cabrera é un mal médico.


DON JOSÉ MARÍA GALIMATÍAS: home corentón que vai ao médico porque di que ten tres pitos na barriga. Conta que uno cántalle, outro lle pía e outro lle chama polo seu nome. O Dr. Cabrera ten que pedirlle á enfermeira que o saque inmediatamente de alí para evitar que lle pegue a súa tolemia.


DON FERNANDO: coñecido como “o da dor de moas”, tenta explicarlle ao doutor o que lle pasa, aínda que non se lle entende moito porque ten a boca inflamada. O doutor que xa está algo trastornado, tenta sacarlle a moa cunhas tenazas para despois golpeala cun martelo. O pobre de D. Fernando sae correndo do medo para pesar da dor que sente.


AS XEMELGAS PAMELA E CARMELA: irmás xemelgas empeñadas en facer todo á vez, mesmo poñerse malos á vez. Por iso, un deles invéntase unha “enfermidade”: que lle pican as orellas e fanlle dano os zapatos. O seu propósito non é outro que conseguir unha receita médica do mesmo xeito que o seu irmán.


SEÑORITA MARISOL: señorita moi fina que de tanta finura chama ao doutor “ Cabrerassss” no canto de Cabrera. Vai á consulta para falarlle de todas as partes do seu corpo, que “unhas veces desbástenlle e outras non lle desbasten”.


NARRADORAS: Sae a escena antes de que os pacientes entren á consulta para falar brevemente deles.


APUNTADORAS: seguiron os ensaios para axudar aos actores a que non quedasen en branco.


104 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page