Durante este curso escolar, o profesorado do centro participou nunha formación en materia de ALFIN (alfabetización informacional), co obxectivo de mellorar as prácticas docentes en relación co uso da biblioteca escolar e co desenvolvemento dos Proxectos Documentais Integrados (PDI). Esta formación foi impartida por Leonisa Vázquez Chousal, asesora do PLEA, quen acompañou ao claustro ao longo de diferentes sesións nas que se abordaron estratexias e recursos para favorecer o tr