Na nosa biblioteca puxemos en marcha unha actividade moi especial para compartir lecturas e axudar ao alumnado a descubrir novos libros: as tarxetas de recomendación lectora. Cada vez que un neno ou nena remataba a lectura dun libro, tiña a oportunidade de cubrir unha pequena postal na que podía poñer a portada do libro sacándolle unha foto coa nosa cámara, indicar o título da obra, valorar a súa lectura e expresar a súa opinión persoal, explicando por que a recomendaba aos s