top of page

O
RAPOSO
FACHÓN
BIBLIOTECA DO CEIP O CASTIÑEIRO



CATÁLOGO BIBLIOTECA
Bibliotecas Escolares de Galicia
Enquisas docentes
Enquisa familias
Enquisas Alumnado



Buscar


A nosa biblioteca medra: un novo espazo para crear, aprender e experimentar
A nosa biblioteca escolar continúa medrando e transformándose para dar resposta ás necesidades do alumnado e aos novos retos educativos. Co paso dos anos, foi converténdose nun espazo vivo, dinámico e aberto a toda a comunidade educativa, onde a lectura convive coa investigación, a comunicación, a creatividade e a innovación. Na actualidade, contamos cunha biblioteca central que constitúe o corazón do centro e que se complementa con diferentes zonas de lectura informal distri

O Raposo Fachón
hace 1 día2 min de lectura


Grupo de alumnado voluntario da biblioteca: unha experiencia de compromiso e participación
Durante este curso escolar puxemos en marcha un grupo de alumnado voluntario en liña co programa de Bibliotecas Solidarias, co obxectivo de fomentar a participación activa do alumnado na organización, coidado e dinamización da biblioteca escolar. Este grupo estivo formado por nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria, que demostraron un gran interese, responsabilidade e implicación en todas as tarefas realizadas ao longo do curso. As súas funcións foron moi variadas e fu

O Raposo Fachón
hace 2 días2 min de lectura


RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Na nosa biblioteca puxemos en marcha unha actividade moi especial para compartir lecturas e axudar ao alumnado a descubrir novos libros: as tarxetas de recomendación lectora. Cada vez que un neno ou nena remataba a lectura dun libro, tiña a oportunidade de cubrir unha pequena postal na que podía poñer a portada do libro sacándolle unha foto coa nosa cámara, indicar o título da obra, valorar a súa lectura e expresar a súa opinión persoal, explicando por que a recomendaba aos s

O Raposo Fachón
hace 2 días1 min de lectura


MÉRCORES CON MOITO CONTO
Ao longo de todo o curso escolar desenvolvemos a actividade "Mércores con moito conto", unha iniciativa pensada para fomentar o gusto pola lectura e converter os libros nun punto de encontro para toda a comunidade educativa. Cada mércores abríamos un espazo especial no que alumnado, profesorado e familias podían participar compartindo contos, historias, lendas e lecturas de todo tipo. A través destas sesións tivemos a oportunidade de escoitar diferentes voces, descubrir novos

O Raposo Fachón
hace 2 días1 min de lectura


Apadriñamento lector
Durante este mes de xuño, algunhas das sesións da Hora de Ler estanse a converter en momentos moi especiais grazas ao noso apadriñamento lector. Nesta actividade, o alumnado máis maior comparte lecturas cos compañeiros e compañeiras máis pequenos, asumindo o papel de padriños e madriñas lectoras. Contos, historias e aventuras van pasando de mans e de voces, creando espazos de encontro nos que a lectura serve como vínculo entre diferentes idades. Ademais de fomentar o gusto po

O Raposo Fachón
hace 2 días1 min de lectura


🧩 EXPLICAMOS XOGOS DE MESA
Na aula de educación infantil fixemos unha actividade moi divertida 😊. Os nenos e nenas gravaron vídeos explicando como xogar a diferentes xogos de mesa. 📖 Primeiro, fixemos unha lectura simple das instrucións de cada xogo, usando palabras fáciles para entendelo ben. 🎥 Despois, cada grupo explicou o xogo diante da cámara: como se comeza, que hai que facer e como se gaña. 🔗 Unha vez feitos os vídeos, creamos un código QR para cada xogo e pegámolo na súa caixa. 📱 Así, calq

O Raposo Fachón
20 may1 min de lectura


MELLORA ESPAZO BIBLIOTECA
Ao longo deste curso continuamos traballando para facer da nosa biblioteca un espazo cada vez máis acolledor, funcional e atractivo para todo o alumnado. Nesta ocasión, realizamos unha importante mellora no segundo espazo da biblioteca, co obxectivo de unificar ambas zonas e ofrecer un ambiente máis harmonioso e organizado. Para conseguilo, incorporáronse novos estantes e mobiliario que permiten igualar a estética das dúas áreas da biblioteca, creando unha sensación de contin

O Raposo Fachón
18 may2 min de lectura


RECANTO FAMILIAS E DOCENTES
Unha das iniciativas que estamos a desenvolver dentro do programa PLAMBE é a creación de diferentes espazos arredor da lectura, complementarios á nosa biblioteca central. Con esta proposta buscamos establecer unha conexión a nivel de centro que permita crear puntos de encontro e unión entre os distintos espazos educativos, facendo da lectura unha presenza constante na vida escolar. A nosa intención é que os libros e os materiais de lectura saian das paredes da biblioteca e ch

O Raposo Fachón
18 may1 min de lectura


Bolsa Préstamo libros
Na nosa biblioteca seguimos traballando para coidar e conservar os libros do mellor xeito posible. Por este motivo, puxemos en marcha unha iniciativa moi especial: a creación dunhas bolsas de tea para que o alumnado poida levar a casa os libros que colle en préstamo. Esta idea xurdiu ao comprobar que algúns exemplares, especialmente os de maior tamaño, non caben correctamente nas mochilas dos nenos e nenas, sobre todo nas de Educación Infantil. As bolsas permitirán transporta

O Raposo Fachón
4 may1 min de lectura


II Encontro “Tecendo historias”
Unha mañá para compartir lecturas, creatividade e convivencia Con motivo da celebración do Día do Libro, organizamos a segunda edición do encontro “Tecendo historias”, unha xornada moi especial que nace co obxectivo de reunir ao alumnado e ao conxunto da comunidade educativa arredor dos libros, da lectura e das historias compartidas. Durante toda a mañá, a praza do Concello converteuse nun gran espazo de encontro no que os libros foron os auténticos protagonistas. Ademais dun

O Raposo Fachón
4 may2 min de lectura


Melloramos a organización da nosa biblioteca
Co obxectivo de facilitar a busca e localización dos fondos bibliográficos, durante estas semanas levamos a cabo unha importante mellora na organización da nosa biblioteca escolar. Por unha banda, elaboráronse e colocáronse carteis identificativos da CDU (Clasificación Decimal Universal) en cada un dos andeis. Grazas a esta sinalización, o alumnado pode identificar con maior facilidade a temática dos libros e comprender mellor como se organiza a información na biblioteca. Est

O Raposo Fachón
30 abr2 min de lectura


TEATRO DE CARTÓN
Con motivo da celebración do Día do Libro, o alumnado voluntario da biblioteca participou activamente na creación dun teatro de cartón, un recurso que se estreou durante esa data tan sinalada e que, ademais, quedará instalado de forma permanente na biblioteca do centro. Este proxecto naceu coa intención de ofrecer un novo espazo creativo onde o alumnado poida representar historias, dramatizar contos e gozar da narración oral dun xeito lúdico e participativo. O teatro de cartó

O Raposo Fachón
13 abr1 min de lectura


📚🔥🌱 RETOS LECGTORES 🌱🔥📚
Dentro do noso Proxecto Documental Integrado (PDI) sobre os incendios forestais, levamos a cabo unha actividade moi motivadora para o fomento da lectura: a elaboración de marca páxinas con retos lectores. Cada neno e nena levou o seu marca páxinas, no que atoparon catro retos que debían completar ao longo do trimestre: ✅ Ler un libro de non ficción sobre árbores 🌳 ✅ Ler un libro que incluíse no título a palabra “incendio” ou “lume” 🔥 ✅ Escoller un libro de non ficción sobr

O Raposo Fachón
2 feb1 min de lectura


Wangari e as árbores da paz: sementando esperanza polo Día da Paz
O pasado 30 de xaneiro, con motivo da celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, realizamos unha actividade moi especial na nosa biblioteca, estreitamente relacionada co noso Proxecto Documental Integrado “Latexo Verde”. Nesta ocasión, achegámonos á fermosa historia de “Wangari e as árbores da paz”, un relato inspirado na vida de Wangari Maathai, activista ambiental e Premio Nobel da Paz, que nos transmite unha importante mensaxe: todas as persoas podemos contribuí

O Raposo Fachón
2 feb2 min de lectura


Cecilia e a súa boneca: unha historia para aprender sobre a igualdade
A nosa biblioteca converteuse recentemente nun espazo de encontro, reflexión e aprendizaxe grazas á representación teatral “Cecilia e a súa boneca”, unha actividade centrada na promoción da igualdade e dos valores que favorecen unha convivencia respectuosa e inclusiva. Esta iniciativa foi posible grazas á colaboración da asociación Ponte Farruca, que promove diferentes actividades culturais e sociais na nosa contorna, e que fixo posible que o noso alumnado puidese gozar desta

O Raposo Fachón
10 nov 20251 min de lectura


Xogamos coa CDU e aprendemos a localizar libros na biblioteca
Actividades para localizar libros na biblioteca e coñecer a CDU

O Raposo Fachón
3 nov 20251 min de lectura
bottom of page