top of page

O
RAPOSO
FACHÓN
BIBLIOTECA DO CEIP O CASTIÑEIRO



CATÁLOGO BIBLIOTECA
Bibliotecas Escolares de Galicia
Enquisas docentes
Enquisa familias
Enquisas Alumnado



Buscar


MÉRCORES CON MOITO CONTO
Ao longo de todo o curso escolar desenvolvemos a actividade "Mércores con moito conto", unha iniciativa pensada para fomentar o gusto pola lectura e converter os libros nun punto de encontro para toda a comunidade educativa. Cada mércores abríamos un espazo especial no que alumnado, profesorado e familias podían participar compartindo contos, historias, lendas e lecturas de todo tipo. A través destas sesións tivemos a oportunidade de escoitar diferentes voces, descubrir novos

O Raposo Fachón
hace 2 días1 min de lectura


RECANTO FAMILIAS E DOCENTES
Unha das iniciativas que estamos a desenvolver dentro do programa PLAMBE é a creación de diferentes espazos arredor da lectura, complementarios á nosa biblioteca central. Con esta proposta buscamos establecer unha conexión a nivel de centro que permita crear puntos de encontro e unión entre os distintos espazos educativos, facendo da lectura unha presenza constante na vida escolar. A nosa intención é que os libros e os materiais de lectura saian das paredes da biblioteca e ch

O Raposo Fachón
18 may1 min de lectura


NOVO ESPAZO DE RADIO
Durante este curso escolar levouse a cabo unha importante mellora no espazo destinado á radio do centro, unha iniciativa posible grazas á colaboración do programa PLAMBE e á incorporación do colexio ao programa de Radio Escolar. Este novo impulso permitiu repensar e transformar o espazo da radio, co obxectivo de convertelo nun lugar máis funcional, acolledor e adaptado ás necesidades do alumnado. A radio escolar é hoxe unha ferramenta fundamental para traballar a expresión or

O Raposo Fachón
14 may1 min de lectura


Bolsa Préstamo libros
Na nosa biblioteca seguimos traballando para coidar e conservar os libros do mellor xeito posible. Por este motivo, puxemos en marcha unha iniciativa moi especial: a creación dunhas bolsas de tea para que o alumnado poida levar a casa os libros que colle en préstamo. Esta idea xurdiu ao comprobar que algúns exemplares, especialmente os de maior tamaño, non caben correctamente nas mochilas dos nenos e nenas, sobre todo nas de Educación Infantil. As bolsas permitirán transporta

O Raposo Fachón
4 may1 min de lectura


II Encontro “Tecendo historias”
Unha mañá para compartir lecturas, creatividade e convivencia Con motivo da celebración do Día do Libro, organizamos a segunda edición do encontro “Tecendo historias”, unha xornada moi especial que nace co obxectivo de reunir ao alumnado e ao conxunto da comunidade educativa arredor dos libros, da lectura e das historias compartidas. Durante toda a mañá, a praza do Concello converteuse nun gran espazo de encontro no que os libros foron os auténticos protagonistas. Ademais dun

O Raposo Fachón
4 may2 min de lectura


Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade💻🔐👨👩👧👦
📱✨ HOXE NO CEIP O CASTIÑEIRO ✨📱 Esta tarde celebramos o obradoiro “Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade” 💻🔐👨👩👧👦 Un espazo moi enriquecedor onde as familias puideron adquirir ferramentas para acompañar aos seus fillos e fillas nun uso seguro, responsable e consciente das tecnoloxías 🌐🛡️📲 💬 Tratamos temas clave como: 🔹 Privacidade en internet 🔒 🔹 Uso responsable das redes sociais 📸 🔹 Seguridade dixital para menores 👧🧒 🔹 R

O Raposo Fachón
20 abr1 min de lectura


VÉN A COÑECERNOS!
Coa vista posta no vindeiro curso escolar, queremos convidar a todas as familias a coñecer o noso centro educativo a través dunha visita pensada especialmente para achegarvos ao noso día a día, aos nosos espazos e á nosa forma de entender a educación. Esta xornada de portas abertas será unha oportunidade para percorrer as diferentes zonas do centro, descubrir como traballamos e coñecer de preto os recursos e proxectos que forman parte da nosa vida escolar. Queremos que esta v

O Raposo Fachón
29 ene1 min de lectura


GUÍA USO DA BIBLIOTECA
Poñemos á disposición de toda a comunidade educativa un novo documento no que se recolle de maneira detallada o funcionamento da nosa biblioteca escolar, así como a descrición das distintas zonas das que dispón. Este material ten como finalidade servir de guía e apoio para que alumnado, profesorado e familias poidan coñecer mellor a organización interna da biblioteca, o seu uso diario e as posibilidades que ofrece como espazo de aprendizaxe, lectura e encontro. No documento e

O Raposo Fachón
13 nov 20251 min de lectura
bottom of page