top of page

O
RAPOSO
FACHÓN
BIBLIOTECA DO CEIP O CASTIÑEIRO



CATÁLOGO BIBLIOTECA
Bibliotecas Escolares de Galicia
Enquisas docentes
Enquisa familias
Enquisas Alumnado



Buscar


FORMACIÓN ALFIN DOCENTES
Durante este curso escolar, o profesorado do centro participou nunha formación en materia de ALFIN (alfabetización informacional), co obxectivo de mellorar as prácticas docentes en relación co uso da biblioteca escolar e co desenvolvemento dos Proxectos Documentais Integrados (PDI). Esta formación foi impartida por Leonisa Vázquez Chousal, asesora do PLEA, quen acompañou ao claustro ao longo de diferentes sesións nas que se abordaron estratexias e recursos para favorecer o tr

O Raposo Fachón
hace 2 días1 min de lectura


Grupo de alumnado voluntario da biblioteca: unha experiencia de compromiso e participación
Durante este curso escolar puxemos en marcha un grupo de alumnado voluntario en liña co programa de Bibliotecas Solidarias, co obxectivo de fomentar a participación activa do alumnado na organización, coidado e dinamización da biblioteca escolar. Este grupo estivo formado por nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria, que demostraron un gran interese, responsabilidade e implicación en todas as tarefas realizadas ao longo do curso. As súas funcións foron moi variadas e fu

O Raposo Fachón
hace 2 días2 min de lectura


A Furgoteca: unha biblioteca sobre rodas que nos achega novas historias
Ao longo deste curso tivemos a sorte de contar coa colaboración da Furgoteca, o servizo de biblioteca móbil da Xunta de Galicia, unha iniciativa que achega a lectura e a cultura aos diferentes recunchos do territorio e que visita o noso centro unha vez ao mes. Cada visita convértese nun momento moi esperado polo alumnado, xa que lles permite realizar préstamos e devolucións de libros, descubrir novas lecturas e acceder a fondos bibliográficos que complementan os recursos da n

O Raposo Fachón
hace 4 días2 min de lectura


EXPERIMENTAMOS COA ARXILA
Dentro das actividades da nosa Biblioteca Creativa, realizamos recentemente un obradoiro de arxila no que participou o alumnado que se anotou voluntariamente nesta proposta. O principal obxectivo da actividade foi experimentar coa arxila, descubrindo as súas posibilidades creativas e familiarizándonos co uso das diferentes ferramentas de modelado. A través da manipulación libre deste material, os nenos e nenas puideron explorar texturas, formas e técnicas básicas de creación

O Raposo Fachón
25 may1 min de lectura


O NOSO IDIOMA: O GALEGO
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, levamos a cabo unha actividade moi especial para poñer en valor a nosa lingua e achegar ao alumnado á riqueza da literatura galega. A proposta consistiu no deseño e elaboración de gorras personalizadas nas que os nenos e nenas incorporaron palabras, expresións e fragmentos de textos de escritores e escritoras galegas. A través desta actividade creativa, o alumnado puido reflexionar sobre a importancia de conservar e utiliza

O Raposo Fachón
18 may2 min de lectura


NOVO ESPAZO DE RADIO
Durante este curso escolar levouse a cabo unha importante mellora no espazo destinado á radio do centro, unha iniciativa posible grazas á colaboración do programa PLAMBE e á incorporación do colexio ao programa de Radio Escolar. Este novo impulso permitiu repensar e transformar o espazo da radio, co obxectivo de convertelo nun lugar máis funcional, acolledor e adaptado ás necesidades do alumnado. A radio escolar é hoxe unha ferramenta fundamental para traballar a expresión or

O Raposo Fachón
14 may1 min de lectura


OBRADOIRO RECICLAXE CARTÓN CON MAKEDO
No marco do proxecto Biblioteca Creativa, e en colaboración co programa PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), realizamos un interesante obradoiro de reciclaxe de cartón empregando as ferramentas Makedo. Durante a actividade, un grupo de alumnos e alumnas tivo a oportunidade de experimentar de maneira práctica con este recurso creativo, descubrindo como transformar simples caixas e anacos de cartón en sorprendentes creacións tridimensionais. Como reto común, entre

O Raposo Fachón
11 may1 min de lectura


OBRADOIROS CREATIVOS
Ao longo do segundo trimestre puxemos en marcha os primeiros obradoiros da nosa Biblioteca Creativa, unha iniciativa que busca ofrecer ao alumnado un espazo diferente para crear, experimentar e aprender a través de actividades lúdicas e participativas. Durante este período xa se realizaron un par de obradoiros cunha moi boa acollida por parte dos nenos e nenas participantes. De cara ao terceiro trimestre, a Biblioteca Creativa continuará a súa actividade coa realización de ca

O Raposo Fachón
4 may1 min de lectura


Iniciándonos no lettering
No marco do proxecto Biblioteca Creativa e en colaboración co PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), realizamos un atractivo obradoiro de lettering destinado a achegar ao alumnado ao mundo da creación artística a través das letras. Esta actividade cobra unha especial relevancia neste curso, xa que as bibliotecas escolares galegas teñen como un dos seus eixos de traballo a diversidade de tipografías, unha temática que nos invita a reflexionar sobre a importancia da

O Raposo Fachón
29 abr1 min de lectura


BRAILLE NA BIBLIOTECA
No marco do proxecto Biblioteca Creativa e en colaboración co PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), desenvolvemos un enriquecedor obradoiro dedicado ao coñecemento do sistema de lectura e escritura Braille. Durante a actividade, o alumnado puido achegarse a esta ferramenta fundamental para as persoas con discapacidade visual, descubrindo a súa orixe, o seu funcionamento e a importancia que ten para garantir o acceso á información, á cultura e á educación en igual

O Raposo Fachón
27 abr2 min de lectura


RIMANDO O ENTROIDO CON CARMEN RIVERO GALLEGO
A nosa biblioteca tivo a sorte de recibir a visita da escritora Carmen Rivero Gallego, autora de obras tan coñecidas como Berce de Peliqueiro. Foi unha xornada moi enriquecedora na que o alumnado puido achegarse de primeira man ao mundo da creación literaria e descubrir o traballo que hai detrás dun libro. Durante o encontro, Carmen compartiu con nós a lectura de varios fragmentos da súa obra, achegándonos ás historias, personaxes e tradicións que inspiran os seus textos. Ade

O Raposo Fachón
23 feb2 min de lectura


Saída ao Auditorio de Verín: “Cincenta só quere bailar”
O alumnado realizou unha saída ao Auditorio de Verín para asistir á representación teatral da obra titulada “Cincenta só quere bailar”, unha proposta chea de creatividade, música e mensaxes inspiradoras. Esta versión do conto clásico de Cincenta presenta unha mirada diferente e actualizada do personaxe. Nesta ocasión, Cincenta non soña cun príncipe nin cun castelo, senón que ten un obxectivo moito máis persoal e auténtico: bailar e seguir os seus propios soños. A obra transmi

O Raposo Fachón
13 ene1 min de lectura


GUÍA USO DA BIBLIOTECA
Poñemos á disposición de toda a comunidade educativa un novo documento no que se recolle de maneira detallada o funcionamento da nosa biblioteca escolar, así como a descrición das distintas zonas das que dispón. Este material ten como finalidade servir de guía e apoio para que alumnado, profesorado e familias poidan coñecer mellor a organización interna da biblioteca, o seu uso diario e as posibilidades que ofrece como espazo de aprendizaxe, lectura e encontro. No documento e

O Raposo Fachón
13 nov 20251 min de lectura
bottom of page