top of page

O
RAPOSO
FACHÓN
BIBLIOTECA DO CEIP O CASTIÑEIRO




CATÁLOGO BIBLIOTECA
Bibliotecas Escolares de Galicia
GUÍA
USO BIBLIOTECA
Enquisas docentes
Enquisa familias
Enquisas Alumnado

Buscar


Un pequeno carballo para seguir facendo latexar o verde
Como broche final ao noso PDI Latexo Verde, cada nena e neno levou para a súa casa un agasallo moi especial: unha pequena maceta cun carballo. Este carballo simboliza todo o aprendido ao longo do proxecto sobre a importancia de coidar os nosos montes, respectar a natureza e contribuír á conservación do medio ambiente. Pero tamén representa a continuidade deste compromiso máis alá da escola, invitando ás familias a formar parte deste Latexo Verde. Agora comeza unha nova misión

O Raposo Fachón
1 jul1 min de lectura


O NOSO PROXECTO EN VÍDEO
Ao longo do desenvolvemento do PDI Latexo Verde, o alumnado converteuse no verdadeiro protagonista da súa aprendizaxe. Como broche final ao proxecto, as nenas e os nenos elaboraron unha serie de vídeos explicativos nos que compartiron, coas súas propias palabras, todo o que foron descubrindo e aprendendo durante este curso. Nestes vídeos explican os diferentes contidos traballados, presentan os materiais elaborados e reflexionan sobre a importancia de coidar os nosos montes,

O Raposo Fachón
1 jul1 min de lectura


Latexo Verde: unha exposición para poñer en valor todo o aprendido
Despois de todo un curso de investigación, descubrimentos e aprendizaxes, o noso PDI Latexo Verde chegou ao seu remate cunha exposición final na que quixemos compartir con toda a comunidade educativa o traballo realizado. Nesta mostra recolleuse todo o material elaborado polo alumnado ao longo do proxecto, sempre guiado e acompañado polo profesorado. Murais, maquetas, cadernos do proxecto, creacións artísticas, fotografías e outros traballos permitían facer un percorrido por

O Raposo Fachón
29 jun1 min de lectura


VIDEO PDI🔥🌱🎥
Ao longo do desenvolvemento do PDI Latexo Verde, o alumnado converteuse no verdadeiro protagonista da súa aprendizaxe. Como broche final ao proxecto, as nenas e os nenos elaboraron unha serie de vídeos explicativos nos que compartiron, coas súas propias palabras, todo o que foron descubrindo e aprendendo durante este curso. Nestes vídeos explican os diferentes contidos traballados, presentan os materiais elaborados e reflexionan sobre a importancia de coidar os nosos montes,

O Raposo Fachón
6 jun1 min de lectura


INVESTIGACIÓN PDI 3º TRIMESTRE
🌱🔥 O que traballamos no terceiro trimestre 🔥🌱 Durante o terceiro trimestre continuamos afondando no noso Proxecto Documental Integrado (PDI) sobre os incendios forestais, adaptando os contidos a cada nivel educativo: 👶 Aula de InfantilO alumnado de infantil coñeceu os distintos medios de transporte e ferramentas empregadas na extinción de incendios (helicópteros, camións, mangueiras…).Tamén traballaron a importancia das persoas que participan nesta tarefa, destacando a f

O Raposo Fachón
5 jun1 min de lectura


Posta en común PDI 2º trimestre
A pasada semana, a biblioteca do centro converteuse nun espazo de aprendizaxe compartida no que as nenas e os nenos foron protagonistas, presentando as súas exposicións sobre o traballo realizado no Proxecto Documental Integrado (PDI) do segundo trimestre. O alumnado de Educación Infantil centrou o seu proxecto en comprender que lles sucede aos animais durante os incendios forestais. A través das súas investigacións, reflexionaron sobre como afectan estes fenómenos á fauna e

O Raposo Fachón
23 abr1 min de lectura


ANIMAIS DA CONTORNA
No marco do PDI "Latexo Verde" en Educación Infantil, o alumnado iniciou unha investigación sobre os animais da contorna próxima, afondando especialmente en como lles afectan os incendios e en distintas formas de coidalos e protexelos. A partir desta experiencia, elaboraron con plastilina os animais que máis lles chamaron a atención, traballando a observación, a creatividade e a motricidade fina. Posteriormente, deu forma a unha proposta máis innovadora coa creación dun panel

O Raposo Fachón
13 abr1 min de lectura


Entroido: Queremos un monte verde e con vida
Este Entroido foi unha ocasión perfecta para encher as rúas de Laza de cor, ilusión e, tamén, dunha mensaxe moi importante. Os nenos e nenas do noso centro participaron, xunto coas súas familias, no tradicional desfile polas rúas da vila, lucindo uns disfraces inspirados na temática do noso PDI, centrado nos incendios forestais e na importancia de coidar a natureza. A través das súas creacións quixemos facer unha pequena reivindicación para lembrar que os montes son fonte de

O Raposo Fachón
28 feb1 min de lectura


ARTE EN INFANTIL
Dentro das diferentes dinámicas que estamos a desenvolver arredor do noso Proxecto Documental Integrado Latexo Verde , o alumnado de Educación Infantil tamén está a traballar a través da arte . Nesta actividade achegámonos á obra de diferentes artistas e utilizamos as súas técnicas como inspiración para representar ideas e conceptos relacionados cos incendios forestais e coa natureza . A arte convértese así nunha forma de expresar o que estamos aprendendo e de reflexionar so

O Raposo Fachón
9 feb1 min de lectura


📚🔥🌱 RETOS LECTORES 🌱🔥📚
Dentro do noso Proxecto Documental Integrado (PDI) sobre os incendios forestais, levamos a cabo unha actividade moi motivadora para o fomento da lectura: a elaboración de marca páxinas con retos lectores. Cada neno e nena levou o seu marca páxinas, no que atoparon catro retos que debían completar ao longo do trimestre: ✅ Ler un libro de non ficción sobre árbores 🌳 ✅ Ler un libro que incluíse no título a palabra “incendio” ou “lume” 🔥 ✅ Escoller un libro de non ficción sobr

O Raposo Fachón
2 feb1 min de lectura


BOLSA VIAXEIRA PDI
Na biblioteca xa puxemos en marcha a dinámicas: a mochila viaxeira . Ao longo do 2º e 3º trimestre, as nenas e nenos levarán a casa unha mochila con diferentes materiais para compartir momentos de lectura e aprendizaxe coas súas familias. Creanse tres mochilas: unha para cada unha das aulas. Este ano, a mochila está especialmente vinculada co noso Proxecto Documental Integrado Latexo Verde , polo que no seu interior poderán atopar libros relacionados cos incendios forestais,

O Raposo Fachón
12 ene1 min de lectura


Sesión de posta en común na biblioteca escolar: Latexo Verde
A principios de Xaneiro, celebrouse na biblioteca escolar unha sesión moi especial na que o alumnado compartiu a información investigada ao longo do primeiro trimestre dentro do proxecto PDI Latexo Verde , centrado na temática dos incendios forestais . Cada curso foi o encargado de investigar unha parte concreta do proxecto, abordando diferentes aspectos relacionados cos incendios: as súas causas, consecuencias, prevención e o impacto que teñen no noso contorno. Esta sesión p

O Raposo Fachón
9 ene1 min de lectura


INVESTIGACIÓN PDI INFANTIL 1º TRIMESTRE
traballo de investigación de infantil sobre os incendios.

O Raposo Fachón
15 dic 20251 min de lectura


Investigamos o noso territorio: os incendios en Laza
Durante o primeiro trimestre, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria desenvolveu o PDI centrándose na investigación das zonas do concello de Laza que foron afectadas polos incendios forestais. Ao longo deste traballo, as nenas e nenos analizaron diferentes áreas do municipio que sufriron lumes nos últimos anos. Como resultado, elaboraron un mapa identificador no que sinalaron estas zonas, permitindo ter unha visión máis clara do impacto dos incendios no noso entorno

O Raposo Fachón
15 dic 20251 min de lectura


MESA DA CIENCIA EN GALEGO
Mes da ciencia en galego.

O Raposo Fachón
28 nov 20252 min de lectura


CLUB DE LECTURA 5º O BOSQUE ANIMADO
Esta semana iniciamos oficialmente o club de lectura co alumnado de 5.º de Primaria , unha das actividades máis especiais da nosa biblioteca. Este curso, todas as lecturas escollidas están vinculadas á temática do PDI “Latexo Verde” , centrado na natureza, a flora, a fauna e o noso patrimonio ambiental. Para comezar esta aventura lectora, escollemos unha obra moi significativa: O bosque animado , un libro perfecto para mergullarnos na maxia dos bosques e na súa vida agochada.

O Raposo Fachón
27 nov 20251 min de lectura


Un recuncho para investigar, descubrir e aprender
Para o desenvolvemento do noso PDI Latexo Verde, habilitamos un recuncho nun anexo da biblioteca escolar dedicado integramente á temática dos incendios forestais e ao coidado do medio natural. Neste espazo organizamos unha ampla variedade de materiais relacionados co proxecto: libros informativos e de literatura, xogos, recursos manipulativos, tarxetas de vocabulario, elementos naturais e diferentes propostas de investigación que o alumnado foi utilizando ao longo do curso. E

O Raposo Fachón
17 nov 20251 min de lectura


LECTURAS PDI LATEXO VERDE
Na biblioteca seguimos avanzando no noso Proxecto Documental Integrado Latexo Verde , un proxecto no que investigamos, reflexionamos e actuamos arredor dun tema moi presente no noso territorio: os incendios forestais e a importancia de coidar os nosos montes . Para acompañar este camiño de aprendizaxe, desde a biblioteca seleccionamos unha serie de libros e materiais que nos axudarán a coñecer mellor os incendios, a flora e a fauna do bosque , así como as accións necesarias p

O Raposo Fachón
17 nov 20251 min de lectura


BOMBAS DE VIDA PARA O MONTE
Saída ao monte para realizar iniciativas para a súa recuperación.

O Raposo Fachón
16 oct 20251 min de lectura


INFORMACIÓN FAMILIAS PDI
Información familias sobre o PDI "Latexo Verde"

O Raposo Fachón
1 oct 20251 min de lectura
RECURSOS
bottom of page



