top of page

O
RAPOSO
FACHÓN
BIBLIOTECA DO CEIP O CASTIÑEIRO



CATÁLOGO BIBLIOTECA
Bibliotecas Escolares de Galicia
Enquisas docentes
Enquisa familias
Enquisas Alumnado



Buscar


O NOSO IDIOMA: O GALEGO
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, levamos a cabo unha actividade moi especial para poñer en valor a nosa lingua e achegar ao alumnado á riqueza da literatura galega. A proposta consistiu no deseño e elaboración de gorras personalizadas nas que os nenos e nenas incorporaron palabras, expresións e fragmentos de textos de escritores e escritoras galegas. A través desta actividade creativa, o alumnado puido reflexionar sobre a importancia de conservar e utiliza

O Raposo Fachón
18 may2 min de lectura


II Encontro “Tecendo historias”
Unha mañá para compartir lecturas, creatividade e convivencia Con motivo da celebración do Día do Libro, organizamos a segunda edición do encontro “Tecendo historias”, unha xornada moi especial que nace co obxectivo de reunir ao alumnado e ao conxunto da comunidade educativa arredor dos libros, da lectura e das historias compartidas. Durante toda a mañá, a praza do Concello converteuse nun gran espazo de encontro no que os libros foron os auténticos protagonistas. Ademais dun

O Raposo Fachón
4 may2 min de lectura


BRAILLE NA BIBLIOTECA
No marco do proxecto Biblioteca Creativa e en colaboración co PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), desenvolvemos un enriquecedor obradoiro dedicado ao coñecemento do sistema de lectura e escritura Braille. Durante a actividade, o alumnado puido achegarse a esta ferramenta fundamental para as persoas con discapacidade visual, descubrindo a súa orixe, o seu funcionamento e a importancia que ten para garantir o acceso á información, á cultura e á educación en igual

O Raposo Fachón
27 abr2 min de lectura


Videoconferencia co CEIP San Benito de Lérez para descubrir o traxe do Peliqueiro
Nos últimos días tivemos a oportunidade de realizar unha enriquecedora videoconferencia co CEIP San Benito de Lérez, na que compartimos unha das tradicións máis representativas da nosa cultura: o traxe do Peliqueiro. Co obxectivo de explicar de maneira práctica e próxima todos os detalles desta figura tan importante do Entroido, contamos coa colaboración de dúas veciñas da nosa aldea que, desde hai anos, participan na preparación e no vestido dos Peliqueiros. A súa experienci

O Raposo Fachón
9 mar2 min de lectura


Wangari e as árbores da paz: sementando esperanza polo Día da Paz
O pasado 30 de xaneiro, con motivo da celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, realizamos unha actividade moi especial na nosa biblioteca, estreitamente relacionada co noso Proxecto Documental Integrado “Latexo Verde”. Nesta ocasión, achegámonos á fermosa historia de “Wangari e as árbores da paz”, un relato inspirado na vida de Wangari Maathai, activista ambiental e Premio Nobel da Paz, que nos transmite unha importante mensaxe: todas as persoas podemos contribuí

O Raposo Fachón
2 feb2 min de lectura


25 de Novembro
📢 No noso colexio vivimos comprometidos co 25N – Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Durante estas semanas realizamos numerosas actividades para educar, sensibilizar e fomentar valores de igualdade e respecto entre todo o alumnado. 💜 📚 Na biblioteca creamos un espazo especial con libros e recursos sobre a temática, para que nenas e nenos puideran achegarse á reflexión a través da lectura. 🎵 Traballamos a canción “La puerta violeta” de Rozalén, descubrindo a sú

O Raposo Fachón
25 nov 20252 min de lectura


Cecilia e a súa boneca: unha historia para aprender sobre a igualdade
A nosa biblioteca converteuse recentemente nun espazo de encontro, reflexión e aprendizaxe grazas á representación teatral “Cecilia e a súa boneca”, unha actividade centrada na promoción da igualdade e dos valores que favorecen unha convivencia respectuosa e inclusiva. Esta iniciativa foi posible grazas á colaboración da asociación Ponte Farruca, que promove diferentes actividades culturais e sociais na nosa contorna, e que fixo posible que o noso alumnado puidese gozar desta

O Raposo Fachón
10 nov 20251 min de lectura
bottom of page