A nosa biblioteca tivo a sorte de recibir a visita da escritora Carmen Rivero Gallego, autora de obras tan coñecidas como Berce de Peliqueiro. Foi unha xornada moi enriquecedora na que o alumnado puido achegarse de primeira man ao mundo da creación literaria e descubrir o traballo que hai detrás dun libro. Durante o encontro, Carmen compartiu con nós a lectura de varios fragmentos da súa obra, achegándonos ás historias, personaxes e tradicións que inspiran os seus textos. Ade